O informe Petras 25 anos despois

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialista" activista e escritor, como el adoita definirse. Petras publicou o estudo “Marx no século XXI”, revista arxentina O Rodaballo (Revista de cultura e política. Ano 1, Nº 1, novembro 1994). O contido do mesmo é público na rede. Para Petras en 1994 a socialdemocracia morrera: “A transformación da socialdemocracia nun vehículo do neoliberalismo, socavou un tradicional punto de referencia para as clases traballadoras e as políticas do “benestar”. A aparición de voceiros ex comunistas e ex social–demócratas, actuando en favor do neoliberalismo, deu maior “autoridade” á idea de que “non hai alternativa” fronte ao capitalismo de “libre mercado”. Fin da cita.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 20/03/2020

Comparte esta noticia

No verán de 1996 a revista Ajoblanco publicaba “O INFORME PETRAS: PAIS – FILLOS. Dúas xeracións de traballadores españois”. Nese estudo describía a realidade da clase traballadora española da época, e a redución drástica e salvaxe das condicións laborais e salariais que o PSOE  implementara coa súa política neoliberal. Pasamos a reproducir integramente un dos apartados do estudo. É un extracto curto dun estudo denso e extenso. Que os lectores saquen as súas conclusións:

Informe Petras
Informe Petras

“ONDE ESTÁN OS PROGRESISTAS? O asombroso respecto ao destino de millóns de mozos mal pagos e subempleados sen futuro é a indiferenza da sociedade, incluíndo a indiferenza da clase media "progresista". Onde están os progresistas? Están activos, pero o que lles interesa é o dous por cento de “marxinais": os xitanos, os drogodependentes, as prostitutas, os inmigrantes; o acoso sexual, o racismo...calquera cousa menos o destino de tres millóns de españois desempregados, os mozos traballadores con contratos temporais e os que tratan de vivir do salario mínimo. Non quero ser malinterpretado. Por suposto que estou en contra do acoso sexual, a discriminación e o racismo. Pero aquí e agora, e na estrutura de clases española, a distancia entre os problemas sociais a longo prazo e a gran escala, e as actividades dos progresistas é escandalosa. Por que eluden a súa realidade nacional e social? Primeiro, porque non é perigoso loitar polos dereitos legais das pequenas minorías: iso non comporta ningunha confrontación co Estado e menos aínda cos empresarios. Pero comprometerse na loita polos sub e desempregados implica confrontacións moi duras e sostidas co Estado e os empresarios (e os medios de masas) porque esa loita vira ao redor da distribución dos principais recursos económicos da sociedade: os orzamentos que poderían financiar obras públicas para un emprego a gran escala no canto de subvencións para corporacións multinacionais; os beneficios empresariais que poderían financiar unha semana laboral máis curta e a contratación de empregados fixos. En segundo lugar, as loitas progresistas polas minorías (cambios simbólicos e recoñecemento legal) teñen o apoio financeiro dos gobernos municipais ou rexionais. As ONG e organizacións similares brindan ás progresistas oportunidades económicas, segundos salarios en calidade de investigadores, educadores, asistentes sociais ou avogados. Poden así combinar unha "boa conciencia" e a remuneración económica cunha palmadita no ombreiro das autoridades locais. Mentres tanto, a loita de millóns de sub e desempregados, se estivese adecuadamente organizada, podería afectar as políticas globais das mesmas benevolentes autoridades. Podería socavar os seus esforzos por subvencionar aos promotores inmobiliarios urbanos e aos construtores que financian as súas campañas electorais. Por esta razón, os esforzos para organizar politicamente aos sub e desempregados por empregos ben pagados contra os políticos neoliberais non reciben ningún apoio financeiro”. Fin da cita.

Contrástese as afirmacións de hai 25 anos coa actualidade. Talvez cabe facerse tres preguntas: ¿Podemos afirmar que a esquerda xa esta morta?, ou é máis correcto considerar que está a se morrer, e nos últimos estertores. Este circo mediático, propagandístico, ¿cantas décadas durará?.

 Os “progresistas” españois defenden os intereses económicos do gran capital, da CEOE. Aceptando a libre circulación de capitais, persoas e mercadorías contaxian a precariedade aos traballadores, autónomos, comerciantes, empresarios pequenos, e labregos.  O Euro e ao Unión Europea son as cadeas. A última reforma do 135 da Constitución Española foi obra súa, como a maioría absoluta da política regresiva e lesiva para os traballadores españois. En verdade a realidade española é a consecuencia desas políticas “progresistas” reaccionarias. É obvio.
Esa realidade naceu da “Transición Política” da man de “Isidoro” e os seus aos que lles gustaban a tortilla. Nesa fase a desindustrialización de España foi brutal. Así o quería o SPD e o PSF. Nos anos 90 tras a caída da URSS, o realizado por España e a Gran Bretaña, xa foi consumado a nivel occidental. Xurdiu a terceira vía de Tony Blair. Neste sistema político os progresistas sempre realizaron unha política económica e laboral contraria aos intereses dos traballadores. Ante as medidas e lexislacións aprobadas en España nos últimos 40 anos, pódese afirmar con bastante precisión, que os “progresistas” e a reacción  teñen o mesmo aprecio polos traballadores: Moi pouco.

En Alemaña gobernan xuntos.  Chámanlle posmodernidad cando é reacción.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA