Ence insiste en defender o moito que investiu en Lourizán

Di que inxectou 20 millóns en 2019 nun sistema para aumentar o aforro de auga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2020 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A pasteira Ence destaca que investiu 20 millóns de euros o pasado ano 2019 en implementar na fábrica de Lourizán, en Pontevedra, "un avanzado sistema de evaporación de condensados" co obxectivo de "continuar aumentando" o aforro de auga na produción de celulosa.

En concreto, segundo explica a compañía nun comunicado emitido con motivo do Día da auga --este mesmo domingo, 22 de marzo--, este sistema "fai posible a recuperación de condensados e a súa posterior reutilización" no proceso de produción, cun "substancial aumento do volume de auga reciclada".

Ademais, Ence destaca outras accións desenvolvidas en Lourizán como "empresa de referencia no desenvolvemento sustentable", segundo se autodefine, coas que pretenden "seguir a Axenda 2030 das Nacións Unidas".

Así, á parte do investimento de 20 millóns no sistema que permite aforrar auga, a compañía calcula que desde 2016 reduciu nun 23 por cento o consumo necesario para producir a pasta de celulosa.

Así mesmo, Ence lembra que, como "mostra da súa aposta pola xestión responsable dos recursos hídricos", forma parte da rede 'EsAgua', un proxecto no que participan máis de 30 entidades españolas "comprometidas coa redución da súa pegada hídrica".

Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra. EUROPA PRESS - Arquivo
Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta