A “teoría da conspiración” sobre a orixe do coronavirus

O alcalde de Oleiros é o máis firme convencido de que o coronavirus é un invento militar de EE.UU. para desestabilizar a economía mundial. O PP anuncia que lle pedirá explicacións no pleno sobre as súas opinións “irresponsables”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/03/2020 | Actualizada ás 22:35

Comparte esta noticia

O alcalde de Oleiros, Anxo García Seoane, está convencido de que a crise do coronavirus se debe a unha conspiración internacional de Estados Unidos contra as economías de China e a Unión Europea. Non é unha teoría súa. O certo é que analistas da intelixencia rusa tamén apuntan nesta liña.

“Aquelas persoas que non saiban que isto é un tema de interese económico de afundir países, de afundir economías, en lugar desas guerras de antes, de crear virus que matan persoas. Ou que non queira ver... que casualidade, este mal empeza coa competencia global de ver quen ocupa o primeiro espazo no mundo, Estados Unidos ou China; e aparece en China, que casualidade", escribiu hai uns días nas redes sociais.

O alcaldede Oleiros,  Anxo García Seoane, nunha protesta en demanda de obras ao Ministerio de Fomento. CONCELLO DE OLEIROS
O alcaldede Oleiros, Anxo García Seoane, nunha protesta en demanda de obras ao Ministerio de Fomento. CONCELLO DE OLEIROS

Un comentario que recibiu 27.000 comentarios e segundo o propio rexedor di, case todos de apoio á súa tese. García Seoane cre que vacina xa está preparada e que aparecerá cando haxa millóns de afectados. Por iso, comparou a pandemia actual cos métodos da segunda metade do século XX usados por Estados Unidos para dominar os gobernos de América do Sur.

De feito, vai máis alá e asegura que tamén se inocularon artificialmente en África “enfermidades coma ou Ébola, ou Sars ou a Sida", mentres desde os gobernos do primeiro mundo se dicía que eran de orixe animal e xa preparaban as vacinas. “Eu non son crente, pero o que vou dicir váleme como exemplo: cando os apóstolos ían polo mundo coa palabra de Xesús, matábanvos, é o que pasa connosco, eu teño os teléfonos picados, non queren que difunda a verdade desta situación”, asegurou nunha entrevista en Radio Voz ao suliñarque este tipo de teorías son censuradas nas redes sociais.

CRÍTICAS DO PP

O Partido Popular preguntaralle no próximo pleno polos indicios de que dispón para realizar esa afirmación. Os populares cren que as declaracións do alcalde son “irresponsables”. "Tería que dar explicacións de en que se basea, é pór a Oleiros no punto de mira mundial, xa o fixo algunha vez cando acusou que era perseguido pola CIA; isto é un tema moi grave, está a morrer xente e ten que ter probas para facer estas declaracións", aseguran.

ANALISTA RUSO

Pero García Seoane non está só na súa teoría. O analista de intelixencia ruso Daniel Estulin aseguraba nunha entrevista en La Razón que “estamos vivindo a fin do capitalismo, cunha crise sistémica planetaria” e que o coronavirus está a ser unha “escusa para buscar unha explicación da quebra dos mercados planetarios, cando isto é algo que empezou moito antes”. “O de Italia tamén é fácil de explicar. 114 bancos de Italia están en quebra. Ter coronavirus é fantástico porque poden deixar de pagar e botar á culpa do default ao virus”, indicaba.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Medulio

Postos a especular tamén pode valer a de que os chinos andan continuamente facendo experimentos biolóxicos, fai pouco saíu a noticia de que lograran a creación dun ser vivo que estaba composto por una mistura de mono e porco, e algún deses experimentos púidoselle ir das mans e crear algo novo e descontrolado. Pero iso ó antisemita seguro que no lle vale.

5 CastelaoPaSogama

Gelo é un analfabetiño. Músico de oído. Como se cantara un carro. Seguro que ve 4º milenio e similares.

4 Gamela

Alguén dixo algunha vez... Pensa mal e quedarás corto !!! https://youtu.be/C7cN0qV60zc Saúde e República !!!

3 Riuriu

Este hombre fue alguna vez a ver un psiquiatra? Tanto tiempo en la poltrona no puede ser bueno para la salud.

2 Gamela

O que está claro é que as RR.SS. están sendo manexadas polo algoritmo que dirixe as conversas cara ao #AplausoSanitario mentres ninguén fala de #RendaBásicaUniversal Outra comprobación sinxela pódese constatar nos "comentarios" de xornais como El Pais ou La Vanguardia onde os comentarios permanecen "vivos" pero son "desagregados" das conversas (?) Cómo o fan supoño que será sinxelo para un informático espabilado !!!