As vítimas suman 32 coa morte doutro octoxenario ingresado na Coruña

Xa son cinco os falecementos nesta xornada do mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2020 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

A morte dun home de 81 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) eleva a 32 as vítimas mortais relacionadas coa epidemia de coronavirus en Galicia.

Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas
Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas

As autoridades sanitarias informan de que esta última vítima mortal fora diagnosticada de coronavirus e tiña patoloxías crónicas previas.

Este mércores faleceron outros catro homes, un deles sen patoloxías previas destacadas, que tiña 84 anos de idade e estaba ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira, do municipio coruñés de Cee.

Ademais, morreron dous homes de 82 anos de idade ambos e que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e outro home de 74 que era atendido no Hospital Montecelo de Pontevedra.

XORNADA DO MARTES

A xornada do martes foi na que se rexistraron ata o momento máis vítimas mortais en Galicia en relación á pandemia de coronavirus, coa morte de cinco homes e dúas mulleres, todos eles con patoloxías previas.

En concreto, o martes faleceron dous homes de 61 e 92 anos de idade e unha muller de 83 que estaban ingresados no Chuac; un home de 78 anos que permanecía no Hospital Lucus Augusti de Lugo; outro home de 90 que era asistido no Complexo Hospitalario de Ourense (Chuo); unha muller de 91 anos de idade que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf) e un home de 83 anos que estaba ingresado no Hospital da Costa, no municipio lucense de Burela.

A xornada do luns morreron dous homes en relación á pandemia de COVID-19: un de 69 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e outro de 81 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Ambos presentaban tamén patoloxías previas.

VÍTIMAS DA SEMANA PASADA

Durante a xornada do domingo faleceron en Galicia cinco persoas en relación á epidemia de coronavirus, entre elas dúas mulleres de 92 e 77 anos de idade na área de Ferrol, a primeira ingresada no Chuf e a segunda no Hospital Juan Cardona. Ambas tamén presentaban patoloxías previas.

Tamén faleceron durante a xornada do domingo outro tres persoas: unha muller de 90 anos que estaba hospitalizada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo), un home de 72 anos que se atopaba no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra e unha muller de 84 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus).

Pola súa banda, na xornada do sábado 21 de marzo rexistráronse catro mortes relacionadas coa pandemia: unha muller de 68 anos e tres homes de 93, 81 e 74 anos, respectivamente, todos eles ingresados no Chuac e con patoloxías crónicas previas.

Así mesmo, o venres rexistráronse catro falecidos: dous homes de 70 e 79 anos, respectivamente, tamén ingresados no Chuac; así como unha muller de 93 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense; e un home de 89 anos de idade que estaba no Hospital de Monforte (Lugo). Todos presentaban tamén varias patoloxías previas.

OUTRAS VÍTIMAS

O xoves coñeceuse o falecemento da quinta vítima mortal, un home de 75 anos que tamén estaba ingresado no Chuac e que presentaba varias patoloxías crónicas previas. Pola súa banda, a cuarta rexistrouse o mércores 18 de marzo, xornada na que faleceu un home de 72 anos tamén ingresado na Coruña.

Previamente, a terceira vítima mortal en Galicia foi un home de 45 anos de idade que contaba, así mesmo, con patoloxías previas e que tamén estaba ingresado no Chuac.

Antes faleceu un home de 81 anos con varias patoloxías, ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, mentres que a primeira morte en Galicia foi a dunha muller de 92 anos, con múltiples patoloxías previas, que estaba ingresada no centro de Povisa, en Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O que sabemos é que seguimos a contar infectados e mortos ! https://twitter.com/00Gamela/status...