Investigadores da UDC crean unha páxina web para monitorar a evolución da COVID-19

Permite consultar os datos relativos ao número de casos confirmados afectados polo COVID-19 por comunidades.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/04/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O investigador do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC), Carlos Fernández Lozano, puxo en marcha unha páxina web que permite monitorar a evolución da COVID-19 en España. Fíxoo tras unha proposta que xurdiu a partir do traballo realizado polo investigador Rubén Fernández Casal, que comezou a capturar os datos do Ministerio de Sanidade relativos aos contagios.

Investigador do CITIC da UDC Carlos Fernández Lozano. CITIC-UDC
Investigador do CITIC da UDC Carlos Fernández Lozano. CITIC-UDC | Fonte: Europa Press

Esta iniciativa, segundo informa o CITIC, conta co apoio do comité de expertos de 'Acción Matemática contra o Coronavirus' do Comité Español de Matemáticas (CEMat), a través do seu presidente Ricardo Cao.

Sobre a páxina web, o CITIC explica que permite consultar os datos relativos ao número de casos confirmados afectados polo COVID-19 por comunidades autónomas nas últimas semanas, así como os pacientes recuperados e os falecementos.

O investigador das áreas de Intelixencia Artificial e de Ciencia e Enxeñaría de Datos do CITIC e profesor da Facultade de Informática da UDC, Carlos Fernández Lozano, apunta que a idea é "introducir máis datos relacionados con ingresos en UCI, incidentes ou número de hospitalizacións e incluír modelos preditivos para utilizar a plataforma como punto de unión de múltiples investigacións".

Deste xeito, asegura, "permitirá achegar máis claridade sobre a evolución da pandemia en España". En concreto, o investigador do CITIC Rubén Fernández Casal encárgase da descarga de datos e procesado desde orixe, mentres que Carlos Fernández Lozano creou a ferramenta a partir do procesamento destes datos. Tambiénestán traballando para mellorar o rendemento e a capacidade de carga do sistema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta