Case a metade dos fogares galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes

O 24% dos fogares non se permitiu ningún extra nos últimos tres meses. O 11% diminuíu gastos e o 10,5% cambiou hábitos para aforrar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os fogares que chegan con dificultades a fin de mes seguen á alza e xa son case a metade dos existentes en Galicia, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Así, o 52,7% dos fogares asegura que ten facilidade ou moita facilidade para chegar a fin de mes, fronte ao 41,36% que ten dificultade e ao 5,94% que ten moita dificultade.

En comparación co último trimestre de 2019, os que chegan con facilidade baixan un punto e medio. Se os datos se avalían respecto de hai un ano, a baixada é máis acusada, de case catro puntos.

Así, o 24% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra --considerado como gastos imprevistos, grandes compras ou viaxes-- nos últimos tres meses. O 11% diminuíu gastos e o 10,5% cambiou hábitos para aforrar. O 16,2% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que habita, o 9,2% o coche e o 2,4% unha segunda vivenda.

Pola súa banda, a confianza dos consumidores continúa o seu descenso no comezo de 2020, con tres puntos menos que o trimestre anterior, e unha especial preocupación polo desemprego e a situación económica (con case cinco puntos de retroceso).

Pobreza infantil.
Pobreza infantil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta