Sánchez avisa de que o estado de alarma se prolongará máis alá de fins de abril, aínda que será "distinto"

O Goberno non prolongará a paralización das actividades non esenciais, de maneira que estas poderán ser retomadas despois de Semana Santa. O Presidente apela ao diálogo para reeditar uns novos Pactos da Moncloa que garantan a recuperación da economía e tecido social tras a contención do virus.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 04/04/2020 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, confirmou que solicitará ao Congreso unha nova prórroga do estado de alarma ata o próximo 25 de abril ás 12 da noite. Porén, non descartou que a situación se prolongue durante máis días, aínda que nun estado de alarma "distinto".

"Os datos prognostican que estes días, unha vez superado o pico, estamos en condicións de dobregar a curva da expansión da epidemia", dixo Sánchez nunha comparecencia tras comunicar a súa decisión aos portavoces parlamentarios.  O presidente do Goberno asegurou que "logramos un primeiro avance" na loita contra a pandemia. "Necesitamos manter as medidas dúas semanas máis. Comprendo o difícil que é prolongar dúas semanas máis este esforzo e sacrificio", subliñou.

O presidente do Goberno escoitou esta mañá as recomendacións do grupo de científicos que asesora ao Goberno e despois reuniuse co Comité Técnico de Xestión do coronavirus. Trátase da segunda prórroga de 15 días que pedirá o presidente ao Congreso dos Deputados, cuxa autorización se necesita para que o actual estado de alarma, que caduca o 12 de abril, se amplíe outra quincena máis.

RETÓMASE A ACTIVIDADE NON ESENCIAL DESPOIS DE SEMANA SANTA

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na reunión do Comité Técnico de Xestión da Covid-19, en Madrid (España) a 4 de abril de 2020.. Moncloa
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na reunión do Comité Técnico de Xestión da Covid-19, en Madrid (España) a 4 de abril de 2020.. Moncloa | Fonte: Europa Press

Pola contra, o Goberno non prorrogará a paralización das actividades non esenciais máis alá do período para o que se decretara. É dicir, estas actividades poderán retomarse tras os días festivos da Semana Santa, segundo anunciou o presidente do Executivo.

Non obstante, apelou á precaución á que obriga a evolución do virus. "Teremos as antenas postas para reaccionar canto antes ante calquera atisbo de repunte do virus", garantiu.

PLAN DE RECUPERACIÓN SOCIOECONÓMICA

Ademais, o Executivo xa está preparando un plan para recuperar gradualmente a actividade económica e social do país "tras o bestial impacto da crise" unha vez se conteña a epidemia. Será unha fase de "transición cara á normalidade".

No plan estableceranse medidas sanitarias e de hixiene, iniciativas relacionadas co uso das novas tecnoloxías e outras destinadas a reconstruír a economía. Neste sentido, o presidente apelou á unidade e ao diálogo de todos os partidos para reedictar uns novos Pactos da Moncloa que axuden a recuperar a economía e tecido social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 galeguiña

A nivel político, cecáis todo isto sexa un elemento positivo para reflexionaren sobre a pantomima deste Estado das Autonomías. Queda claro que cando hai unha emerxencia social, o lóxico, o mellor e o mais recomendable é centralizar as decisións e facer do noso país un ámbito único, unha nación única, mais aló dos sentimentos de pertenza ao terruño que cadaquen poida ter.

1 José

pois qué queres que che diga, eu xa teño unha nación única, das máis vellas de Europa, e por culpa dun presidente xivarizado fannos tanto caso como o que lle fai Merkel e os holandeses a esa outra nación que tanto che sulivella.., tigre!

2 Amancio

A "galeguiña" soa como eses de esquerdas que desta crise tiran conclusións que coinciden ao 100% co que pensaban antes da crise. Xa se sabe que os fanáticos só saben falar dunha cousa. No caso da "galeguiña", ela é fanática da centralización como calquera vello coronel leninista. E asegúranos, para ficarmos descansados, que esta preferencia non ten nada a ver con sentimento ningún. Probablemente tampouco con ningunha análise racional dos datos e da xestión que o goberno de España fixo desta crise.

2 Gamela

O Estado de Alarma vai rematar sendo un Estado Autoritario !!! Propóñovos alimentar unha campaña nas RR.SS. #PolaLiberdade25Abril !!! https://youtu.be/gaLWqy4e7ls?t=40s Se seguimos aplaudindo este caradura vainos encerrar de por VIDA !!!

1 José

Bua tio, non flipes, qué 25 de Abril? monta un san canuto que seguro que lo petas e dispois directos ao hospital a por drojas nen..

2 Gamela

En 20 días de confinamento levamos 310.366 denuncias policiais e 2.692 detencións ! A policía debera estar ao servizo da cidadanía, non para perseguir disidentes: se tan ben o está a facer a xente (aplaudindo dende os balcóns) de onde saen as 310.000 DENUNCIAS (aumenta máis rápidamente a cifra de denunciados ca de infectados!!!) #Liberdade25Abril

3 José

A túa é unha posición cómoda, unha simplificación que ademáis de viciada é viciosa. Usas as palabras sen darlle valor e valoras ben pouco os riscos aos que se enfronta a xente máis vulnerable. Pois claro que a xente non o estamos facendo ben. Confiar na responsabilidade da "xente" para resolver este problema é de inxenuos. Mellorar os operativos e facelos eficaces pasa por sancionar a quen non cumpre o confinamento. Así de claro.

4 Gamela

Os datos do 4 de abril siguen subindo (330.135 denuncias e 2.845 detencións!) / Na inxenuidade está a diferencia entre China e unha democracia parlamentaria (?) A cidadanía debe ter siquera a posibilidade de expresar a súa decisión de ser maior de idade nesta crise ! Ou tampouco podemos falar (?) Con 22 dias de retraso e 12.500 mortos seica agora o Sr.Presidente vai comezar facer test rápidos aos traballadores esenciais e demáis que pille a lazo para metelos nun "campo de concentración" ! A boas horas... e xa verás como se administran os test e a quen lle vai tocar a lotaría (?) Insisto en #Liberdade25Abril antes de chegar a Auschwitz ???

1 Gamela

O único pacto da Moncloa posible e necesario sería a implementación dunha Renda Básica Universal ! O resto serán contos de mal pagador...