Bombeiros auxilian un home que caeu sobre unha mesa de cristal en Ferrol

Para previr posibles caída ou accidentes no fogar, o 112 aconsella adoptar medidas de seguridade en casa e con especial atención ás persoas maiores.

Por E.P. | Ferrol | 06/04/2020 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Efectivos do corpo de bombeiros acudiron na mañá deste luns ao domicilio dun home que caeu sobre unha mesa de cristal no interior do seu domicilio.

Segundo informou o 112, posto que o afectado quedou atrapado polos restos do moble, cristais e ferro, foi necesaria a intervención dos efectivos do parque municipal, ademais de persoal sanitario.

A alerta activouse no 112 Galicia ás 9,30 horas deste luns a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiña unha dotación no lugar do accidente para asistir o paciente.

Con todo, a situación na que quedou o home fixo necesaria a intervención dos Bombeiros de Ferrol, que contribuíron ao rescate e atención da vítima. Ademais, contouse coa colaboración de axentes da Policía Local.

Para previr posibles caída ou accidentes no fogar, o 112 aconsella adoptar medidas de seguridade en casa e con especial atención ás persoas maiores.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta