Empresas galegas colaboran na produción dun milleiro de batas que se doarán a servizos sanitarios

A iniciativa BatasCOVID19 conta coa participación de empresas dos sectores aeronáutico, de confección e de transporte loxístico.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/04/2020 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

As empresas Coasa, de Ourense, Ana Muñiz, de Dodro (A Coruña), Transportes Dalot, de Mos (Pontevedra); e Confección Maime, de Boqueixón (A Coruña), colaboraron para elaborar 1.000 batas que se doarán a servizos sanitarios e administracións públicas para combater a expansión do COVID-19.

Unha muller confecciona unha bata solidaria
Unha muller confecciona unha bata solidaria | Fonte: Europa Press

Esta iniciativa, presentada este xoves nas instalacións de Ana Muñiz, foi coordinada pola Universidade de Vigo (UVigo) e a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime).

Así, a vicerreitora de Transferencia da UVigo, María Consuelo Pérez, explicou que esta institución colaborou en tarefas de xestión e asesoramento técnico do proxecto, enmarcado na iniciativa BatasCOVID19. Deste xeito, avaliáronse as características do material empregado para comprobar se eran adecuadas para confeccionar estas batas.

Neste sentido, precisou que a necesidade de que as teas fosen impermeables para que puidesen ser utilizadas por persoal sanitario, levou que se optase por elaboralas a partir dun material bicapa. A este repecto, María Consuelo Pérez indicou que a capa interna dos produtos foi composta con polipropileno, un tecido non transpirable, mentres que a externa elaborouse con polietileno laminado, que garante a "impermeabilidade".

Adicionalmente, o corte das teas foi levado a cabo nas instalacións de Coasa e, a súa confección, na sede de Ana Muñiz, en Dodro. Mentres, Confección Maime asumiu o deseño do patrón e Transportes Dalot encargouse da súa distribución.

En concreto, estas empresas pertencen aos sectores aeronáutico, de confección e de transporte loxístico, aínda que decidiron reorientar a súa produción e destinar os seus recursos a esta iniciativa para paliar o impacto do COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta