Só un milagre salvará Novagalicia

Durísimas condicións da UE polo rescate a Novagalicia Banco. Botar até 2.500 traballadores e que os das preferentes asuman perdas "moi fortes", pode que dun 50%; son algunhas das imposicións. Aínda así, en cinco anos será, salvo gran sorpresa, poxada.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/11/2012 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

O rescate de NCG Banco culmina hoxe e trae moi malas noticias. As autoridades españolas e comunitarias aproban a inxección de capital por importe de 5.425 millóns de euros a recibir nas vindeiros semanas. Fano impondo unhas condicións que, salvo que suceda un milagre, provocarán a desaparición definitiva do último gran actor do sector financeiro galego.

Protesta dos traballadores de Novagalicia Banco
Protesta dos traballadores de Novagalicia Banco | Fonte: CIG

As condicións impostas a NGB son as máis duras de entras as esixidas ás entidades rescatadas. Inclúen o despedimento do 43 por cento dos traballadores e importantes quitas para os posuidores das preferentes.

Iso si, a entidade de José María Castellano logra unha tregua de cinco anos. Se nese tempo logra investidores privados que recompren o capital público logrará evitar ser vendida nunha poxa. Unha tarefa moi complicada, case imposible, debido a crise que seguirá a asolar o país nos próximos anos, segundo todos os organismos que fan previsións económicos.

Castellano fracasou até hoxe na incorporación de investidores foráneos. Os galegos que no seu intre acudiron ao chamamento da Xunta para reforzar a caixa fusionada estudan agora como querelarse contra o Goberno para que non teñan que asumir quitas, como terán que asumir os donos das preferentes, demanda na que contan co apoio do PPdeG. Un deses empresarios é o editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey.

Ademais, Bruxelas impón as seguintes condicións, segundo relata a propia NGB:

Preferentes: En palabras de NGB, a Comisión Europea "impón como condición para a recapitalización que os tenedores de participacións preferentes, obrigacións subordinadas perpetuas e obrigacións subordinadas con vencemento colaboren coa recapitalización para que se reduza o custo para os contribuíntes en liña co esixido noutros países europeos en procesos similares". Noutras palabras, haberá quita para os posuidores de preferentes e outros produtos. De canto será a quita? Ninguén o quere soportar o pau de dicir publicamente a quita que afectará a ducias de miles de familias galegas. As principais asociacións de afectados foron convocados a unha xuntanza coa entidade mañá.  O comisario Joaquín Almunia admitiu hoxe que terán que asumir "fortes perdas". Fontes do sector financeiro que cita La Voz falan de en torno ao 50 por cento. O banco explica que a participación correspondente a cada emisión dependerá do tipo de produto (preferentes, subordinadas perpetuas ou subordinadas con vencemento) e do tipo de interese. Adicionalmente, os clientes con obrigacións subordinadas con vencemento poderán optar polo seu troco en accións ou polo troco nun produto de débeda senior. O cálculo final realizarase despois da valoración económica da entidade que están a realizar valoradores independentes e que se coñecerá, previsiblemente, ao longo do mes de decembro.

Despedimentos: Novagalicia deberá finalizar o seu proceso de redución de rede e persoal a finais do 2015, que pasarán de 667 oficinas operativas e 3.983 empregados a decembro de 2012, a 454 oficinas operativas e 2.960 empregados a finais de 2015. A estrutura de NCG (inclúe Novagalicia, EVO, Grupo inmobiliario, a Corporación Industrial e resto de actividades) deberá reducirse até nun máximo dunhas 2.500 persoas. A entidade promete que "esta cifra máxima pode variar durante os vindeiros anos tendo en conta que a NGB dispón de dous anos para vender EVO, ha de dedicar persoal á xestión de activos inmobiliarios da Sareb, pode traspasar emprego a investidores especializados en recuperación e podería vender oficinas". Os sindicatos están convocados a unha reunión esta semana. A diferencia dos compañeiros que marcharon nos anteriores EREs, Bruxelas podería forzar a que os traballadores marchen agora para a casa con 20 días por ano traballado, o mínimo que marca a Lei.

Primeiro Consello de Administración de Novacaixagalicia (NCG)
Primeiro Consello de Administración de Novacaixagalicia (NCG)

Limitación do mercado: Novagalicia deberá dedicar a súa actividade ao negocio comerciante polo miúdo, con servizos financeiros envorcados en empresas e familias en Galicia.  Novagalicia manterá a súa oficina operativa en Xenebra e oficinas de representación en Venezuela, Arxentina, México, EEUU, Reino Unido, Francia, Alemaña e Suíza.

EVO Banco:  EVO Banco, marca que aglutina un novo modelo bancario de NCG Banco no resto de España, ten na actualidade 120 oficinas. Esta actividade debe ser desinvestida antes do 31/12/2014. Ata entón, EVO pode continuar operando con normalidade.

Venta de accións: NCG Banco obrigada a rematar o proceso de desinvestimento nas súas 170 empresas participadas até o ano 2016. Así mesmo, ten que transferir os seus activos inmobiliarios (préstamos a promotores superiores a 250.000 euros e activos inmobiliarios adxudicados superiores a 100.000 euros, ambos medidos en valor neto contable; e participacións de control en empresas inmobiliarias) á Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), o novo 'banco malo'.

Gayoso, segundo pola esquerda, con Feijóo e os outros directivos das caixas celebrando a fusión.
Gayoso, segundo pola esquerda, con Feijóo e os outros directivos das caixas celebrando a fusión.
Afectados polas preferentes diante dunha sucursal da antiga Caixanova en Carballo
Afectados polas preferentes diante dunha sucursal da antiga Caixanova en Carballo | Fonte: A.M. Pérez Cavolo (‏@Ampc8)
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

11 Galaiko

Y Méndez y sus hijos con más de 20 millones de Euros en sus bolsillos, porqué nadie dice nada de esto ?? Nadie habla de esto, Vergonzoso !!!!

10 xan soares

moi ben, acabaron con ela, outro punto para feijoó, agora empecemos a construír unha banca seria galega, evidentemente privada.

9 Galigueitor

Que sorte teñen os do bloque, agora non terán que pagar os créditos que deben.

1 Bandeira

Vaillos pagar EU que seica está sobrada de cartos, senón que llo pregunten ao noso Pétain (Beiras).

8 Xustiza

Espero que moitos destes traballadores despedidos de Novagalicia sexan os que enganaron masivamente aos clientes co tema das preferentes.

7 Altermundista

Meu Deus,os da seita viron moitas películas e agora crense De Gaulle,o maquis e a nai bendita! Que malas son as misas do Paco Rodríguez! E dende logo que boa a análise crítica de Beiras que xa dende o inicio deuse de conta que fusións e restructuracións eran só un paso cara a liquidación. Non como os do BNGUPG que querían seguir de pasteleofinancieiro pensando que ían rabuñar algo...

1 Bandeira

Fas un comentario que se descualifica por si só; se esta é a defensa de Pétain (Beiras), pobre é. Sen moito traballo podes mirar na hemereoteca as propostas do BNG sobre as Caixas galegas e sobre a banca pública galega, do resto (incluído Beiras)non se sabe nada, iso si, nesa altura o único traballo coñecido do Pétain era falar mal do BNG en todas as ocasións, agora, xa en organizacións políticas claramente diferenciadas, na dialéctica Galiza-Estado, nós xa non temos a obriga de calar sobre as posicións políticas do Pétain; así que ídevos facendo a vivir baixo a crítica, como todos/as.

2 Maquis contra AGEstapo

Charles De Gaulle, gran político francés, que pese a ser de dereitas, puxo o patriotismo e o benestar do pobo por encima das suas ideoloxias. Fixo de Francia unha gran potencia económica, descolonizou Alxeria e mantivo a independencia francesa ao non querer integrarse na OTAN. Foi botado abaixo polos altermundistas pacifistas do Maio do 68, polos Cohn-Bendit de turno, hoxe multimillonarios axentes da banca internacional. Botaron a De Gaulle para poñer os peóns da banca Rothschild Pompidou ou Sarkozi. Sobre os delegados do Bloque e sindicatos: se votaron en contra das indemnizacións a directivos co éxito que tiveron...ti crees que podian influir sobre as políticas crediticias?

3 Pedro Martín Juárez

A a Voz segue a decir que NCG Banco é a grande esperanza da economía galega. Minten para que non se saiba como foron arruinadas as caixas, as nais do arruinado NCG.