Pode a COVID-19 contaxiar á cabana gandeira e os animais domésticos?

Os casos dun can e un gato en China máis un tigre nun zoo de Nova York fixeron saltar outra vez as alarmas. Os tres animais portaban coronavirus da COVID-19, moi probablemente contaxiados por seres humanos. As suspicacias e os medos sobre novas vías de transmisión crearon máis estrés na poboación. Poden os animais contaxiar e contaxiarse de coronavirus?

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 19/04/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Un dos casos coñecidos de COVID-19 en animais foi o dun can que xa tiña 17 anos e morreu por complicacións derivadas da súa idade. Non se ten constancia de máis mortes de animais pola pandemia que está afectando actualmente ao xénero humano. Tampouco se ten constancia polo de agora que os animais sexan tanto reservorios (que poden estar contaxiados) e transmisores da COVID-19. “Fixéronse probas en laboratorios onde se infectaron deliberadamente animais con altas doses da COVID-19 e non se observou nin unha evolución negativa no animal infectado nin que contaxiara a outros” din desde a PAC veterinaria de Santiago.

Unha persoa pasea a tres cans. Marta Fernández Xara - Europa Press
Unha persoa pasea a tres cans. Marta Fernández Xara - Europa Press

HOUBO MUTACIÓNS PARA QUE PASE A ANIMAIS?

“Os virus mutan mesmo dentro das persoas e o coronavirus da COVID-19 é moi similiar xeneticamente ao virus nunha especie de morcego” di Javier Balado presidente do Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña. “Unha pequena porcentaxe dese virus foi mutando e logo pasou aos seres humanos” coas consecuencias que xa coñecemos.

As mascotas son os animais con maior posibilidade de infectarse da COVID-19 en caso de que os donos ou un deles, estea contaxiado. Por outra parte, Javier Balado indica que aínda sendo isto posible “a mortalidade entre animais domésticos de compañía non se disparou como si o fixo entre as persoas”.  Non hai resposta sobre os motivos polos que un animal non se ve afectado como unha persoa. “Todo o relativo á COVID-19 é inexplicable polo momento” sinala Balado.

Outra pregunta que xorde é se a cabana gandeira podería verse afectada. Desde o Colexio de Veterinarios da Coruña responden que non se sabe de contaxios dentro das especies de animais maiores, bovinos, ovinos ou caprinos. “O gando que vive ao aire libre non ten moitas probabilidades de contaxio” din desde o Colexio.

De momento ningún profesional quere especular, mais o que si é certo é que en caso de posible contaxio entre o gando hai uns pasos establecidos para actuar. “Hai que estudar o caso, logo, se é necesario, inmobilizar explotacións e revisións e toma de mostras” di a veterinaria Pilar de Celis.

ESTUDOS E VACINAS

Aínda que algúns laboratorios sinalan grandes avances para ter unha vacina contra a COVID-19, de momento non se ten confirmado unha solución firme. En caso de resolverse este punto e ter en breve a vacina para humanos, sería posible outro remedio para os animais? Javier Balado apunta “en animais está por ver se a COVID-19 é importante, pois hai outras doenzas como a rabia que non é obrigatorio vacinar nalgúns territorios”.

A isto débeselle sumar o feito de que se existen animais enfermos e logo curen, “eses animais serán inmunes”. Por tanto, a incidencia entre as mascotas non ten, que se saiba, maior percorrido que das persoas que as coidan a elas. “As recomendacións son as mesmas, hixiene, manter distancias de seguridade e ver ese animal como parte da familia”.

Os veterinarios falan de calma e tranquilidade, porque as consencuencias máis graves poden vir para os animais. “O que tememos é un abandono masivo de cans, gatos e outras mascotas por culpa do pánico ante a COVID-19”. E insisten, “os animais poden ter o virus, mais en cantidades ínfimas comparadas cos seres humanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Parece mentira que alguén teña interese no animais coa que estamos soportando ! Este mundo líquido é un problema de carallo ! Onte vin aos que votarán o mércores a terceira prórroga do Estado de Alarma falar sobre a música que escoitaban cando eras adolescentes (?) Estamos en mans dunha xente moi ben preparada para afrontar os problemas do Estado! https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Gamela

Supoño que non teño capacidade para entender esta exhibición impúdica en tempos de coronavirus (?) https://elpais.com/elpais/2020/04/1... Se non fora que levamos 37 días sen liberdade, entendería que esta xente fixera o que lle dera a real gana... ¿Imaxinades de que falarán cando levemos 60 días?

1 EFEb

Os test no son fiables ó 100%.