O arcebispo de Santiago pide "colaboración económica" dos fieis para a "crise que se aveciña"

Julián Barrio apela á "xenerosidade" dos diocesanos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/04/2020 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, fixo un chamamento á "xenerosidade" dos diocesanos, aos que pediu "colaboración económica" para que a Igrexa poida axudar aos máis necesitados no contexto da "crise que se aveciña" pola pandemia de coronavirus.

Julián Barrio, nun oficio relixioso.
Julián Barrio, nun oficio relixioso.

Así, a través dun comunicado e unha carta pastoral, trasladou a súa "preocupación" pola situación de moitas persoas que acoden a Cáritas, e "polos efectos da crise que se aveciña nos máis vulnerables". Por iso, pediu "un especial esforzo de solidariedade e compromiso económico para que a Igrexa, a través das súas institucións de acción caritativa e social", poidan afrontar este "reto".

"Son momentos nos que debe prevalecer a xenerosidade, asumindo a corresponsabilidade no sostemento da Igrexa e na solidariedade cos pobres de preto e de lonxe. Mirar aos demais cos ollos do corazón é tratar de que ninguén quede atrás. Neste sentido fágovos unha chamada a todos os diocesanos, tamén ás persoas de boa vontade, pedíndovos vosa colaboración económica na forma en que creades máis oportuna e poidades facelo", sinalou o arcebispo.

Julián Barrio, quen volveu expresar a súa "dor" polas vítimas mortais da pandemia, sinalou que "non son momentos fáciles" os que se albiscan, e que xa hai familias que "están a chamar ás portas" con problemas sociais e económicos.

Neste contexto, e dado que Cáritas está "excedida" e "non houbo" ingresos nas parroquias nesta tempada (cos templos e demais dependencias pechados ao público), convidou aos fieis a facer as súas achegas nunha conta na entidade Abanca (É25 2080 5155 9730 9730 4006 2341) ou a través da web www.donoamiiglesia.es, para "tratar de aliviar as consencuencias da pandemia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta