PPdeG, críticos do PSdeG e Beiras na presentación dun libro de La Voz sobre Feijóo

Ningún representante do BNG, nin membro da dirección socialista acudiu a este evento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2012 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Só faltou o protagonista do libro. Polo demais, destacados dirixentes da cúpula do PPdeG déronse cita este venres no Hotel Monumento San Francisco de Santiago para presentar unha obra patrocinada por La Voz e realizada polo xornalista Domingos Sampedro sobre a figura do presidente da Xunta; "Feijóo, de gestor a presidente".

Presentación do libro sobre Feijóo
Presentación do libro sobre Feijóo | Fonte: V.M-La Voz

Alí estaban os conselleiros de Educación, Jesús Vázquez; e de Traballo, Beatriz Mato; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; ou o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy. E, xunto a eles, o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, acompañado tamén polos exdeputados socialistas José Manuel Lage, Mar Barcón e Modesto Pose. Non había ningunha representación do BNG nin da actual dirección socialista. Ambos os dous partidos están moi enfrentados coa actual dirección deste medio. Tampouco estaba a líder de EU, Yolanda Díaz.

"Cubrir un baleiro"

Segundo informa La Voz, este libro "ven cubrir o baleiro que existía no tratamento bibliográfico sobre a traxectoria política de Alberto Núñez Feijoo" e congregou  a "un amplo e plural elenco de representantes da vida política e social de Galicia". 

No acto, ademais do autor do libro, interviñeron o alcalde de Santiago, Angel Currás; e o director de La Voz, José Luís Vilela, quen destacou a "intensidade de arriba abaixo" que Sampedro imprimiu ao seu traballo. Pola súa banda, Currás destacou a "gran achega de Feijoo á política galega é que conseguiu darlle á xestión un valor político".

Con todo, Sampedro puntualizou que o libro "non é exactamente unha biografía sobre Alberto Núñez Feijoo" senón unha crónica dos feitos contada a través de múltiples testemuños que os viviron. "Se Feijoo quixese facer unha obra tutelada, probablemente pensaría noutra persoa", ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

16 Lolamaria

Que tan decepcionada estou con Beiras. A verdade é que non o podo crer. Se fosen hoxe as eleccións, outro galo cantaría, de seguro que si. Qué tristeza

1 beirastraidordapatria

A desgraza deste noso país é que non, non cantaría outro galo

15 Irmandinho

Quero denunciar que Beiras o outro día estaba nunha cafetaría comendo cun do PP,mentres Paco Rodríguez estaba no local do BNGUPG,liberando o país, celebrando unha misa con 50 disciplinados militantes.Ou tamén son un exemplo eu mesmo,que só vou aos actos culturais comisariados por Pilar Garcia Negro......Isto non é un chiste,é o xeito de pensar dun partido político(a UPG) que ata as pasadas eleccións,exercía un abafante liderado no nacionalismo galego.É un xeito de agir que impulsou a carreira de mozos mediocres pero obedientes tipo Lobeira ou Pontón.É unha praxe politica que fixo perder capacidade crítica e votos ao BNG ao longo destes 10 últimos anos...

1 jos

Não irmandinho, não vai por aí a cousa. É difícil de explicar a presença de Beiras(-Anova dado o messianismo) nesse ato, tendo em conta o que significa La Voz (e o Boicoz), mais ainda com o título da obra apresentada, homenagem ao Cesar-inho galego. É difícil de explicar porque Beiras não é um parvo. Tão difícil como os charutos que fumaram em confraternidade festeira Ferrín e mais Fernández Latorre não há muito. Uma cousa é respeitar as ideias políticas opostas as tuas e relacionar-te com as pessoas que as têm e outra é participar dos seus atos POLÍTICOS. Mais ainda, quando se mantém esse pretenso discursos de genuína "luta".

2 Felipe de Xinzo

este Irmandinho é ...(GC non me deixa definir correctamente a este señor)

14 Galz

Pagando favores. Viva o altermundismo chachiguai de salón. Mentras Jorquera apoiaba a Callón nas portas do Xulgado contra un xuíz que odia o galego, Beiras aplaudindo a figura de Feijóo

13 Xove

Pero Feijóo non era un nazi?? Non entendo... O despacho disque lle é pequeno (200m2), da man coa Voz de Galicia e agora aplaudindo a Feijóo. Despois das ceas en segredo con Fraga tras o Prestige isto xa racha coa pana

12 Altermundismo

Os membros das seitas so poden ir aos actos culturais das seitas,so poden ter amistade cos membros das seitas,ler os libros recomendados pola seita,non deben conhecer as ideas das seitas enemigas. O importante é a fidelidade à seita,non as ideas...........Meu Deus!! E pensar que ata antes das eleccions este xeito de pensar tinha moita forza no nacionalismo galego...

1 Sectario

Secta = calquera que me critique ou non pense coma min. Non hai nada máis sectario ca iso. Mide de novo o despacho altermundista de Marineda City

2 Sectario

Altermundismo curioso que fales de seita ti que tes un Mesías como Beiras.

3 seitasnon

Ese Mesias tivechedelo vos. Até que un día pensachedes en que habia que gobernar e copar poder ( e cartiños que vos ghustan moito) e dechedeslle a patada no cu.( A el e a moitos outros. Nunca pensachedes que fora dar este paso, e a partir das eleccións, quedáchedes en estado de schok. Así que Beiras, como non é nada sectario, escoita a todo o mundo. Non sei que mal vos faría a vos o Domingo Sampedro. En todo o caso non me fun do bloque para que os que me representan seguiran cos comportamentos sectarios da UPG. Érache boa.