En Común louva aos sanitarios por loitar contra o virus a pesar dos recortes de Feijóo na sanidade pública

Gómez-Reino pregúntase "que interese" tiña a Xunta en atrasar a suspensión da OPE de Educación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2020 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

O portavoz da coalición Galicia En Común-Anova Marea, Antón Gómez-Reino, advertiu que a atención primaria enfrontarase ao coronavirus en Galicia despois de "recortes do 21%" no seu orzamento durante os últimos anos.

Nunha rolda de prensa telemática ofrecida este xoves, Gómez-Reino lembrou que a atención primaria, como repiten as autoridades nos últimos días, será "clave no combate" do coronavirus nas próximas semanas, polo que instou á Consellería de Sanidade a reforzar un servizo que padeceu "recortes" nos últimos anos.

"O que antes eran a UCI e as emerxencias, agora serán os profesionais da atención primaria", incidiu o tamén deputado no Congreso, que subliñou que "as administracións públicas teñen que apoiar a estes profesionais, que levan en moitos casos anos traballando en condicións moi precarias, con contratos de días ou semanas e sen continuidade".

Por iso, demandou que a Consellería de Sanidade "dea certezas" aos traballadores de atención primaria e "consolide" os seus contratos. Ademais, Gómez-Reino considera que a elaboración do estudo epidemiolóxico deben levalo a cabo "os investigadores" e non os profesionais de atención primaria.

O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, en rolda de prensa. EN COMÚN
O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, en rolda de prensa. EN COMÚN

EDUCACIÓN

Por outra banda, preguntouse "que interese" tiña a Xunta en atrasar a suspensión das oposicións de educación, unha decisión anunciada pola conselleira do ramo, Carmen Pomar, o pasado mércores tras semanas de incerteza sobre a súa celebración.

Nunha rolda de prensa telemática celebrada este xoves, Gómez-Reino manifestou que "era de absoluto sentido común" que as oposicións fosen suspendidas, aínda que botou en falta que a Xunta convocase aos axentes sociais para acordar un novo calendario.

"Non entedemos que interese tivo a Xunta en demorar semanas o que o resto de goberno autonómicos xa fixera", incidiu o tamén deputado de Unidas Podemos, que destacou a "mobilización" dos opositores e os profesores para reclamar a suspensión do proceso.

Neste sentido, reclamou á Xunta de Galicia que consensúe a nova data para as oposicións, que, para En Común, deben "manter as prazas" ofertadas para esta convocatoria cancelada e, mesmo, "amplialas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Que nos deixen sair da casa dunha vez !!! Para contar mortos e dicir parvadas non fai falla que nos encerren na casa !!! Os sanitarios están encantados coa paga extra que lles deu o Goberno de Pedrito y Pablito (?) Por favor que alguén me explique a que carallo estamos agardando para DICIR BASTA !!!