A plataforma Galicia Baleira denuncia o "abandono" dos maiores no rural durante esta crise

Reclama o "reequilibrio" territorial, plans de acompañamento para maiores do rural e a construción de máis residencias e prazas para a terceira idade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2020 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

A plataforma Galicia Baleira reclama o "reequilibrio" territorial entre a cidade e o rural, así como plans de acompañamento para os máis maiores que durante esta crise sanitaria estiveron "abandonados".

Este colectivo integrado por asociacións de veciños e as federacións provinciais de asociacións de veciños de Lugo e Ourense aseguran que a situación de alarma que desatou a pandemia de coronavirus debe "facernos reflexionar sobre a asistencia á terceira idade" que existe na Comunidade.

Este xoves explicaron nun comunicado que gran parte de "os nosos maiores están sumidos no maior dos abandonos, moitos viven sós, sen ter con quen conversar un intre ao día, ás veces sen comida ou con escaseza de alimentos, nalgúns casos están enfermos e non hai ninguén que lles atenda".

Estas circunstancias vólvense especialmente preocupantes no ámbito rural, onde as "desigualdades imperaron ata o momento" debido a un "modelo socioeconómico inaceptable e desmesurado" que "esquece aos pobos". Por este motivo, a plataforma demanda "corrixir o abandono" e que a Xunta de Galicia "leve a cabo un deseño de programas institucionais de acompañamento e de reforzo ás persoas maiores e economicamente dependentes". Con el, pretenden que se "reforce a xestión dos concellos" para que poidan "actuar a través dos servizos sociais".

O colectivo de Lugo e Ourense busca un "rural integrado, con todos os servizos requeribles a nivel de infraestruturas, servizos médicos, iluminación pública e telefonía", así como o fomento do turismo rural.

Por outra banda tamén se pronunciaron sobre as residencias da terceira idade. Agora que estas son un foco de contaxios en Galicia, unha comunidade altamente envellecida, consideran que "hai que construír moitas máis residencias da terceira idade e reforzar a cantidade de persoal formado de servizos sociais", que deben contar "con medios precisos para desenvolver o seu labor", conclúen.

Mans dunha persoa maior. Cáritas
Mans dunha persoa maior. Cáritas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta