Á venda as entradas para o Galicia-Kurdistán

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/12/2012 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O grupo de afeccionados Siareir@s Galeg@s saca á venda as entradas para o partido de fútbol de Galicia contra Kurdistán o 29 de decembro en Pontevedra. Os afeccionados completan o encontro cunha seria de actos lúdicos e reivindicativos.

A entrada para Pasarón vale só 5 euros. 15 euros terán que abonar os que, ademais, queiran acudir ao concerto. Os siareiros prevén tamén organizar autobuses dende diferentes comarcas do país.

As entradas pódense mercar nestes centros sociais:

Compostela: C.S. Gentalha do Pichel (Rua Santa Clara, 21)

A Coruña:  Faluya (Orzam, 75)

Ourense: Vagalume (Rúa Cabeza de Manzaneda, 3) e Grandola (Praza de San Marcial, 1)

Lugo: C.S. Madialeva (Manuel Amor Meilán, 18)

Pontevedra: C.S. Revira (Gonzalo Gallas, 4)

Vigo: C.S. Revolta (Real, 32) C.S. Faisca (Toledo, 9)

Trasancos: Fundaçom Artabria (Travesa de Batallóns, 7)

"Este dia festivo e também de luita nom pretende simplesmente suplir o insuficiente jogo amigável que a nossa selecçom vinha jogando umha vez ao ano, senom que reivindica o nosso primeiro objectivo: a total oficialidade das nossas selecçons desportivas, em pé de igualdade com a de qualquer outro país do mundo", argumenta a organización.

Seleccións galega e da RASD
Seleccións galega e da RASD

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 JonnyJonny

Disque saímos con este 11: Sergio, Jonathan VIla, Seoane, Hugo Mallo, Roberto Lago, Juan Dominguez, Bergantiños, Borja Oubiña, Dani Abalo, Toni, Iago Aspas

5 Pepa

Pero vais ser con xogadores coñecidos ou amaters; Vai ser televisado?

4 Galego

O grupo de afeccionados? Ainda nom sabem o que é Siareiras Galegas estes pseudojornalistas?

1 Afeccionado

E que venhen sendo?iluminanos

3 Bergantiños

Moito ánimo , Siareiros. Viva Galiza!. Temos que encher Pasarón.

2 tonterias a caldeiros

caraaaall... futbol de elite, que aprendan o madri mailo barsa