Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/12/2012 | Actualizada ás 10:11
O grupo de afeccionados Siareir@s Galeg@s saca á venda as entradas para o partido de fútbol de Galicia contra Kurdistán o 29 de decembro en Pontevedra. Os afeccionados completan o encontro cunha seria de actos lúdicos e reivindicativos.
A entrada para Pasarón vale só 5 euros. 15 euros terán que abonar os que, ademais, queiran acudir ao concerto. Os siareiros prevén tamén organizar autobuses dende diferentes comarcas do país.
As entradas pódense mercar nestes centros sociais:
Compostela: C.S. Gentalha do Pichel (Rua Santa Clara, 21)
A Coruña: Faluya (Orzam, 75)
Ourense: Vagalume (Rúa Cabeza de Manzaneda, 3) e Grandola (Praza de San Marcial, 1)
Lugo: C.S. Madialeva (Manuel Amor Meilán, 18)
Pontevedra: C.S. Revira (Gonzalo Gallas, 4)
Vigo: C.S. Revolta (Real, 32) C.S. Faisca (Toledo, 9)
Trasancos: Fundaçom Artabria (Travesa de Batallóns, 7)
"Este dia festivo e também de luita nom pretende simplesmente suplir o insuficiente jogo amigável que a nossa selecçom vinha jogando umha vez ao ano, senom que reivindica o nosso primeiro objectivo: a total oficialidade das nossas selecçons desportivas, em pé de igualdade com a de qualquer outro país do mundo", argumenta a organización.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.