Feijóo coincide cos grupos da oposición en non celebrar eleccións en xullo

Di que falará co PSdeG, Galicia en Común, BNG e En Marea "cando toque" e "cando teña algo que dicirlles".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2020 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo,  insinou este venres que non haberá eleccións galegas en xullo, tal e como propuxo o lehendakari, Íñigo Urkullu, que explorará esta posibilidade cos partidos vascos. "Non forma parte da axenda da Xunta", sinalou Feijóo na mesma liña expresada antes polos principais grupos da oposición en Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece en rolda de prensa. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece en rolda de prensa. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

O líder do PPdeG admitiu que fala "con certa frecuencia" co lehendakari sobre a evolución da pandemia do coronavirus e a desescalada en Galicia e en Euskadi e que ambos os dous coinciden en moitas medidas, pero deixou claro que, non neste caso de convocar comicios en xullo.

Con todo, dixo que a data electoral non está entre as súas prioridades. "Nós estamos xestionando esta pandemia", dixo ao vincular a data dos comicios á desactivación do estado de alarma por parte do Executivo central e á evolución da pandemia da COVID-19. Neste sentido, e tal e como lle pediron os principais grupos da oposición este venres, dixo que serán "consultados", como establece o decreto que deixou sen efecto o 5 de abril.

Por iso, tal e como avanzou Feijóo na rolda de prensa telemática posterior á reunión do Consello, citará ao resto de formacións "cando toque" e "cando teña algo que dicirlles".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo 2

Pois estamos bem, como sempre os politiquinhos fazendo cálculos eleitorais! Pois se faz 4 anos forom no quarto domingo de setembro, já deveríamos ter a data fixada! Não sabemos como estaremos a finais de setembro, mas, para suspender a democracia há que ter argumento muito bons! Não sei se são piores os politiquinhos do governo ou da oposição...todos demostram suas virtudes democráticas!!