Sanidade aconsella usar unicamente os biocidas recollidos na listaxe do Ministerio

Tanto para utilizar a nivel doméstico como para desinfección de grandes espazos públicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2020 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recomenda usar unicamente os produtos biocidas que estean rexistrados na listaxe de viricidas contra o coronavirus emitida polo Ministerio de Sanidade.

Este recompilatorio foi actualizado o pasado 20 de abril e nel figuran os produtos que se poden usar tanto a nivel doméstico como para desinfección de grandes espazos públicos, explica Sanidade este domingo nun comunicado.

Este departamento da Xunta sinalou que materiais como Ozono ou Dióxido de Cloro aínda están en período de avaliación para determinar o risco que supón o seu emprego e que os produtos non recollidos na lista "poden dar lugar a unha falsa sensación de seguridade".

Neste sentido, para usar un biocida determinado é necesario avaliar o seu "carácter toxicolóxico, eco-toxicolóxico e físico-químico", ademais de toda a información relativa aos seus usos, concentracións e datos de exposición. Polo que, dado que en moitos casos se descoñecen os efectos "ao ser nebulizados sobre as persoas, desaconséllase o seu emprego".

Por outra banda, Sanidade tamén explicou que as empresas de limpeza e mantemento que están a incrementar os seus servizos para a desinfección de espazos públicos "deben estar inscritas no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia (ROESB Galicia).

Advirten que estas empresas están suxeitas a constantes inspeccións por parte das autoridades sanitarias e que deben contar con persoal técnico cualificado para prestar estes labores de desinfección.

Desinfección dos coches policiais ©  Miguel Núñez
Desinfección dos coches policiais © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta