Detidas varias persoas en Galicia e intervidos 4.000 quilos de droga nun barco en alta mar

A operación segue aberta, polo que non se descarta que poida haber novas detencións co paso das horas e a clarificación dos feitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2020 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a varias persoas no marco dunha operación antidroga que se está desenvolvendo en terra, en Galicia, e nun barco en alto mar apresado preto das Illas Canarias.

Unha operación conxunta entre o corpo da Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) conseguiu deter a varias persoas de Galicia e a outras que se atopaban no barco que foi descuberto e que transportaba preto de 4.000 quilogramos de droga.

Fontes da Delegación do Goberno en Galicia explicaron a Europa Press que a sustancia incautada se podería tratar de cocaína, pero a operación segue activa e aínda está á espera de confirmación o tipo de droga requisada e a cantidade total da mercadoría.

Os axentes interceptaron o barco este domingo e vano trasladar á zona portuaria de Vigo, segundo puideron confirmar as mesmas fontes. A relación entre a droga incautada e Galicia levou os efectivos que traballan nesta operación a deter a determinadas persoas localizadas na autonomía.

Así mesmo, a operación segue aberta, polo que non se descarta que poida haber novas detencións co paso das horas e a clarificación dos feitos.

Control da Policía Nacional en Vigo polo estado de alarma
Control da Policía Nacional en Vigo polo estado de alarma | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta