O ILG revisa trinta anos de estandarización do idioma galego

Por Galicia Confidencial | | 08/12/2012 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En 2012 cúmprense trinta anos da publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) elaboradas por unha comisión mixta do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) e a Real Academia Galega. Esa aprobación en 1982 foi un fito na historia do idioma por representaren a primeira proposta ampla, sistemática e cientificamente xustificada de codificación ortográfica e morfolóxica do galego común que pouco despois serían oficializadas mediante decreto da Xunta de Galicia, tornándose así no primeiro código normativo con carácter oficial do idioma galego que se foi consolidando, enriquecendo e adaptando co paso do tempo.

Acto de aniversario do ILGA
Acto de aniversario do ILGA | Fonte: USC

Trinta anos despois o ILG dedica o seu simposio anual, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a “revisar o camiño percorrido, reconsiderar algunhas cuestións, tirar ensinamentos e facer un balance cara ao futuro”, sinalan os seus promotores. O encontro ‘Un galego común, fiel a si mesmo. Trinta anos de estandarización: 1982-2012’, a desenvolver do 11 ao 20 de decembro na Facultade de Filoloxía, diríxese a estudantes universitarios de grao e posgrao, docentes de lingua e literatura galega, profesionais de distintos sectores e público interesado en xeral, que deberán inscribirse antes do 11 de decembro.

O encontro, que inaugurarán ese mesmo día ás 16.30 horas a directora do ILG, Rosario Álvarez, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, contempla na súa primeira xornada as intervencións dos profesores da USC e membros da Real Academia Galega Antón Santamarina e Manuel González sobre ‘As normas ortográficas e morfolóxicas do ’82 e o estándar galego actual’ e ‘As modificacións e reformas da norma do ’82. O VOLGa’, respectivamente.

As sesións reanudarase o día 13 coa conferencia de Francisco Cidrás sobre as Gramáticas e o estándar morfosintáctico e de Xosé L. Regueira acerca da construción do estándar oral do galego. Rematarase cunha mesa de debate sobre o estándar e medios de comunicación na que participarán a investigadora das USC Ana I. Boullón, o cantante Xurxo Souto, a actriz Mabel Rivera e Paulino Novo, da TVG.

O día 18 será a quenda das conferencias de María Álvarez de la Granja sobre o coñecemento do vocabulario normativo galego e de Darío Xohán Cabana, que disertará sobre a lingua literaria, os dicionarios e a edición. O debate versará nesta ocasión sobre a diversidade estilística e a creación alén do estándar coa participación de Xosé A. Fernández Salgado, Bieito Iglesias, Antón Dobao, Gonzalo Navaza e Anxo Angueira.

Xosé M. Gómez Clemente, da Universidade de Vigo, e Xusto R. Río, do Servizo de Normalización Lingüística da USC, serán os encargados das conferencias do día 19, que rematará cun debate sobre servizos e recursos lingüísticos.

A última sesión do simposio dedicarase ao estudo do status quo en Cataluña, Portugal e Brasil. Para iso contará coa participación de Miquel Pradilla, da Universiadde Rovira i Virgili; António Emiliano, da Universidade Nova de Lisboa; e Xoán Lagares, da Universidade Federal Fluminense de Niterói. Existe unha páxina web onde as persoas interesadas poden consultar máis información sobre o programa do simposio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

4 Brunovil

30 anos dando-lhe as costas ao mundo da lusofonia e fazendo guinhos de esguelho ao castelam, 30 anos de "la puntita nada mas" para nom cabrear ao poder politico, 30 anos faltos de personalidade, autoestima. ...nom convidades da Anxo Lorenzo?

3 galiza a sério

Trinta anos de andar a foder n que já era perfeito, a nossa ortografia ORIGINAL e comum com 250 milhoes de pessoas em todo o mundo. Gostaria de ver como os catalaes escrevem CataluÑa no canto de CataluNYa, es os bascos EusCadi em vez de EusKadi. Parabéns!

2 Villar Palasí

Que bem! Hurra! Hurra! Precisamente agora que o Reino da Espanha está a fechar a torneira do financiamento para os dialetos vernáculos (vernáculo é o escravo nascido na casa do amo), nós vamos comemorar os 30 anos de submissão e claudicação linguística perante o franquismo. Eis o verdadeiro pai das normas ILG/RAG: http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3... Eis a mão que lhes deu de comer e que as fez "oficiais". Eis a mão que as vai afogar agora que viraram irrelevantes.

1 Constantino el bable

Velaqui o resumo da filoloxia do ILG nestes trinta anos passados e ainda para os próximos trinta: http://www.youtube.com/watch?v=EI4m...

1 O Paquiño das Isoglosas

E eiqui o último congreso de filoloxia. Foi un grande suceso de asistencia, con perguntas e retruques ó final: http://www.youtube.com/watch?v=tRSk...