Cachan tres furtivos que estaban mariscando en Oleiros

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/04/2020 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Comandancia da Garda Civil detectou a presenza de tres persoas que se atopaban extraendo percebe sen permiso de explotación marisqueira e saltando as restricións de liberdade de circulación impostas polo estado de alarma.

Segundo informa, os feitos producíronse nas inmediacións do faro de Mera, en Oleiros. Cando a patrulla tratou de identificar os infractores, estes ocultaron os percebes que portaban. Dous deles, ademais, trataron de esconderse detrás dunhas cuadras e tentaron escapar atravesando unhas leiras privadas.

En colaboración con axentes de Oleiros, procedeuse á súa identificación e á localización dos percebes que se ocultaron, logrando recuperar, dentro dunha cuadra de porcos, 22 quilogramos de percebes que esconderan no interior e que, posteriormente, foron devoltos ao mar. Por todo iso, instruíronse as correspondentes actas de infracción.

A Garda Civil incáutase de percebes en Oleiros (A Coruña). GARDA CIVIL
A Garda Civil incáutase de percebes en Oleiros (A Coruña). GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta