A Xunta reactiva case mil procedementos de proxectos industriais que poden transformar o medio ambiente

Trátase de proxectos eólicos, redes eléctricas e aproveitamentos hidroeléctricos, entre outros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou este xoves que a Xunta procederá a reactivar a tramitación administrativa dunha serie de procedementos en materia de avaliación ambiental que se viron afectados pola declaración do estado de alarma derivada da crise sanitaria do COVID-19.

Os expedientes declarados esenciais e que, por tanto, veranse beneficiados, son un total de 975, que para a xunta teñen "en común o interese público. , pero que algunhas asociacións e ecoloxistas cren que suporán un forte impacto para o medio ambiente, xa que entre estas iniciativas hai proxectos eólicos, redes eléctricas e aproveitamentos hidroeléctricos, entre outros.

A medida foi abordada na reunión semanal do Consello da Xunta, que analizou un informe da Consellería de Medio Ambiente no que se xustifica a necesidade de seguir coa tramitación destes expedientes co fin de evitar que a súa paralización supoña "unha traba adicional" nun momento en que o tecido económico e industrial galego "enfróntase a unha difícil situación".

Instalacións da mineira en Touro.
Instalacións da mineira en Touro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta