Converxencia Galega, cos ollos postos nas municipais

A formación galeguista elixe novo Consello Político e descarta pactos con outras organizacións nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/12/2012 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

Converxencia Galega xa ten nova dirección. Este domingo celebrou a súa reunión anual e elixiu o seu Consello Político, que é o máximo órgano reitor entre Congresos.

Membros do Consello Político de Converxencia Galega
Membros do Consello Político de Converxencia Galega

Nesta xuntanza avaliouse a actual situación política en Galicia e os membros deste partido decidiron manter a súa independencia política e non decantarse por ningún das frontes nacionalistas constituídas antes das eleccións.

Ademais, o Consello Político de CG incidiu na necesidade de poñer en marcha medidas sobre as participacións preferentes, as taxas xudiciais, a agricultura, a pesca, os desafiuzamentos e o paro, entre outros.

Novos membros

Finalmente, foron elexidos Ana Santiago Fernández (Narón), Xosé María Martínez Rodríguez (A Guarda) e Julio Areal Alonso (O Rosal ) como novos membros do Consello Político.  Tamén foron designadas María Rodríguez Porto como Secretaria de Organización e Davinia Pazos Calderón como Secretaria de Comunicación. Igualmente, foron relevados os membros do Consello de Contas e os da Comisión de Garantías e Conflitos.

A convención rematou coa intervención da Concelleira de  CG en Narón, María Rodríguez Porto e do Secretario Xeral desta formación política, Xan García.

A esta cita acudiron membros e simpatizantes de Converxencia Galega procedentes de toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Mendo

A relevancia desta organización é un 0 á esquerda. Naceu arredor de Juan Gato, e a cousa non dá máis de si. Se fosen algo intelixentes habian meterse en Compromiso ou algún partido semellante con futuro, mais eles sós, non teñen mais futuro ca un fin agardado. Xa temos unha Esquerra en Gz, tamén temos un ICV, agora o que nos falta é un CiU, un PNV, é a unica diferenza que temos con estes territorios, e se non temos algo semellante Gz está condenada a seguir o camiño que leva...

1 Brais das Chouzas

Nacionalismo, o que se dí nacionalismo...temos ao BNG e a NÓS-UP. Anova vai da man de IU que vetan a AMAIUR no Congreso. Os outros non se atreven a falar de AUTODETERMINACIÓN no seus textos.

2 Mendo

Nacionalismo..?, é incrible que a estas alturas o coñecemento da política sexa tan pobre. Nacionalismo non é independentismo, non é soberanismo, non é federalismo. Nacionalismo é a reinvindicación dunha "nación". O PP ou o PSOE son tan nacionalistas como o BNG, só que os primeiros reivindican unha nación española e os segundos unha galega. Supoño que queres dicir que NOS-UP é un partido soberanista, que o é. CiU até hai dous dias non era un partido soberanista. IU talvez non é un partido nacionalista, non sei que entenden eles por nación, mais si que é federalista, alomenos nominalmente claro. Diferenciar termos sempre é boa cousa.

3 Ameneiro

Vaia, seica o amigo Brais ten a memoria frouxa ou fai intencionadamente unha lista moi sesgada. Deixando de lado se Anova (integrada entre outros polo EI e pola FPG son nacionalistas) ou se a praxis institucional do BNG pode-se definir coma soberanista ou autonomista; esquecer a Causa Galiza (vale, pois a OLN que está dentro); ou ao Partido da Terra; Converxencia XXI; asi coma outros colectivos e organizacións é coma mínimo sesgar a realidade. O mundo, fora da rede e dos CC é moito mais rica e plural do que cremos que é.

4 Pardo de Cela

Ainda que nom gostedes, a realidade é que CG tem mais representaçóm e apoios que Nos-UP e Causa Galiza xuntos... e quase os mesmos que CxG...