O TSXG anula o despedimento colectivo de Armesa

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera que o escenario económico alegado pola empresa no ERE "non está xustificado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou o despedimento colectivo de Artesanías Metálicas Santiaguesas (Armesa), con sede no compostelán Polígono do Tambre, tras a demanda de impugnación presentada por CC.OO.

Traballadores de Armesa protestan en Santiago contra  o seu despedimento
Traballadores de Armesa protestan en Santiago contra o seu despedimento | Fonte: Europa Press

Na sentenza, o TSXG declara o ERE extintivo como "non axustado a dereito". Esta empresa pechou o pasado xaneiro tras mobilizacións dos seus 15 traballadores despedidos. Contra esta sentenza cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

O alto tribunal indica que as perdas de 74.000 euros alegadas pola empresa eran unha "previsión", xa que existían traballos pendentes de terminar e cobrar. De feito, en decembro cobráronse uns 40.000 euros en facturas.

Así, o TSXG considera que o escenario económico alegado pola empresa no ERE "non está xustificado", posto que os feitos probados sinalan que os datos económicos negativos abarcaban só de xaneiro a setembro de 2019, pero a partir dese mes cobráronse débedas pendentes e termináronse pedidos. De feito, sostén que Armesa, "ademais de viable, era rendible".

O sindicato valora que se "dá a razón" á súa denuncia de que as causas económicas alegadas pola empresa non xustificaban a rescisión de contratos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta