Temas: PORTUGAL CRTVG TV

A serie da CRTVG 'Auga Seca', entre as dez producións máis vistas de HBO Portugal en abril

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2020 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

A serie da CRTVG 'Auga Seca' foi unha das dez producións máis vistas de HBO Portugal durante o mes de abril, segundo informa este venres o ente público.

Este thriller policíaco, coproducido pola galega Portocabo e a portuguesa SPi para a TVG e a RTP, foi a primeira produción en lingua galega en chegar a HBO e a segunda en facelo para unha plataforma dixital tras 'O Sabor das Margaridas', que tamén cultivou un notable éxito en Netflix.

Protagonizada por Monti Castiñeiras, Sergio Pazos e Vitoria Guerra baixo a dirección de Toño López, 'Auga Seca' xira en torno ao tráfico de amras e as súas conexións co mundo empresarial.

Fotograma da serie Auga seca.
Fotograma da serie Auga seca. | Fonte: JAIME OLMEDO

Temas: PORTUGAL CRTVG TV
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta