Ferido un home tras arder o seu vehículo que saíu da vía e acabou nun río

Outro home resultou ferido no Viceddo tras cochar contra a súa propia casa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2020 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo, que ardeu posteriormente, mentres circulaba pola estrada DP-1004, á altura da parroquia de Arceo, no concello coruñés de Boimorto.

Segundo informou o 112 Galicia, os equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos indicaron que o turismo se saíu da vía e finalizou parcialmente mergullado nun río. O ocupante puido saír do vehículo polos seus propios medios, pero, nada máis abandonalo, iniciouse un lume no interior do coche, sinalaron as mesmas fontes.

O accidente tivo lugar ás 00,45 horas deste luns e ata o lugar acudiron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Arzúa e tamén membros de Protección Civil da localidade.

Accidente cun coche
Accidente cun coche | Fonte: Sondolouro.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta