Os avais do ICO para Galicia sumaron case 2.000 millóns segundo a Delegación do Goberno

O número de empresas e persoas que traballan por contra propia que recibiron estas axudas están perto das 7.400.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/05/2020 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou este mércores ás confederacións de empresas da Comunidade da concesión de 1.795,2 millóns de euros a 7.393 empresas e persoas que traballan por conta propia de financiamento garantido da liña de avais do Instituto de Crédito Oficial (ICO) aprobada polo Goberno.

Así o trasladou no encontro co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, ao que detallou que coas primeiras resolucións desta liña de avais, dotada con 100.000 millóns de euros, "quedan apoiadas 16.889 operacións empresariais en Galicia".

A reunión forma parte da rolda de encontros do delegado do Goberno cos axentes sociais de Galicia para trasladar as medidas de apoio adoptadas polo Executivo para a recuperación económica e o apoio ás empresas e ás persoas traballadoras. Nos próximos días, Javier Losada manterá unha reunión cos sindicatos asinantes do pacto social.

TRABALLADORES POR CONTA PROPIA E PEMES

Durante o primeiro mes de funcionamento desta iniciativa, unha gran parte das operacións avaladas corresponderon a persoas que traballan por conta propia e pemes. "O Goberno continúa o seu traballo para non deixar a ninguén atrás", subliña Javier Losada sobre a defensa do tecido empresarial galego.

No encontro, o delegado do Goberno tamén abordou outras medidas pensadas para o tecido empresarial, como as prestacións por cesamento de actividade das persoas que traballan por conta propia. "En Galicia están abonados 80,7 millóns de euros, nos dous primeiros pagos, a 68.402 persoas, o que supón un 34% do total, e existen axudas por cesamento de actividade e outras por baixada de ingresos", informa a Delegación do Goberno.

Ademais, tanto as empresas como as persoas autónomas "contaron e contan coa axuda da Delegación do Goberno, o catro subdelegacións e a Avogacía do Estado para aclarar consultas vinculadas á súa actividade". "Isto resultou de crucial importancia durante o período de permiso retribuído recuperable, no que só podían traballar os servizos esenciais", engade.

Outro servizo para as empresas é o da moratoria en cotizacións, que se abriu a principios de maio. Respecto diso, indica que "xa hai máis de 3.000 solicitudes en Galicia, cunhas 1.500 en Pontevedra, 1.000 na Coruña, 300 en Lugo e 300 en Ourense.

Por outra banda, indica que "para garantir a viabilidade económica do tecido empresarial", o Goberno tamén puxo en marcha os ERTE vinculados ao COVID-19, que se consideran de forza maior.

A 5 de maio realizouse o segundo pago destes a 272.749 persoas que percibiron 238 millóns de euros do Estado (100 A Coruña, 88 Pontevedra, 26 Ourense e 24 Lugo) "mentres teñen suspendida a súa relación laboral, aínda que coa garantía de que a recuperarán unha vez finalice a actual situación".

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mantén unha reunión telemática co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mantén unha reunión telemática co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta