Convocan o concurso #VinteConOutrosOllos para ver a nova realidade despois do coronavirus

Punto Gal e a revista VINTE convocan este concurso de pezas audiovisuais que se subirán á plataforma Instagram.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/05/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A iniciativa de Punto Gal e VINTE é a de poder ofrecer a “nova realidade” que se abre logo do confinamento por mor do coronavirus. As persoas que queiran participar subirán un vídeo cunha duración inferior a un minuto que subirá a Instagram entre os días 14 e 31 de maio baixo o cancelo #VinteConOutrosOllos. Axemais, hai que encher este formulario. A temática é mostrar unha visión diferente a como vía a realidade a persoa participante antes da corentena.

teléfono móbil. EUROPA PRESS - Arquivo
teléfono móbil. EUROPA PRESS - Arquivo

O concurso está dirixido a calquera persoa maior de idade e usuaria de Instagram. Para
participar publicará na súa conta de Instagram un vídeo non superior a un minuto e que se
axuste á temática. A lingua usada nos textos que acompañen a publicación será o galego e que use o cancelo #VinteConOutrosOllos. Haberá cinco premios, un agasallo tecnolóxico e 4 bonos de compra en librarías independentes, un xesto de apoio ao sector cultural.

Encargarase de valorar a calidade das pezas un xurado composto por cinco creadores galegos de nova xeración: o escritor Jesús Castro Yáñez, a música Elba Souto, o cineasta David Fidalgo Omil, a comunicadora Andrea Villa Feijóo e a actriz Cris Iglesias. Cada un deles preparou un vídeo contribuíndo a esta nova ollada e que servirá de exemplo e inspiración para todas as persoas que queiran participar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta