Queres unha máscara de protección ?... merca un libro, axuda á cultura e será gratis

Baía Edicións lanza unha interesante iniciativa para impulsar a venda de libros en tempos de crise.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/05/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

A editorial Baía Edicións quere impulsar a lectura de libros cunha interesante iniciativa. Regalará unha máscara cirúrxica a todo aquel cliente que merque un volume. A iniciativa está aberta na súa web até fin de existencias das máscaras coas que conta.

Máscara cun libro
Máscara cun libro | Fonte: EFE

Esta acción enmárcase na campaña xeral de fomento da lectura “como actividade individual saudable e estimulante e do recoñecemento da importancia de todas as partes  implicadas na súa creación e divulgación”, apunta a editorial nun comunicado.

“A lectura como actividade individual non leva risco de contaxio; a compra de libros en librarías tampouco implica maior perigo que ir, por exemplo, polo pan, sempre que se manteñan as razoables medidas de protección xeral aconselladas pola administración sanitaria”, engade.

Esta iniciativa súmase ás accións que Baía Edicións fixo nos primeiros días de confinamento cando liberou dez libros para unha lectura en familia e puxo en marcha unha intensa campaña nas redes sociais de colaboradoras e colaboradores de todas as idades con actividades que tiñan como centro de actuación o libro galego e a súa lectura. Tamén á iniciativa posta en marcha por 30 librarías de proximidade xunto coa distribuidora Consorcio Editorial Galego baixo o cancelo #DesconfinarALingua galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta