Os maiores de centros con problemas dermatolóxicos serán atendidos a través dunha tablet

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés potencia as consultas médicas de dermatoloxía por videoconferencia nas residencias asistenciais e de maiores para atender aos pacientes con este tipo de doenzas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/05/2020 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Segundo explicou este sábado este departamento do Sergas, as citas realízanse a través de videoconferencias con tablets e levan a cabo en coordinación asistencial entre o servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os departamentos médicos de diversas residencias.

Desta maneira, "dáse resposta ás necesidades de pacientes afectados de patoloxías da pel" a través dun sistema telemático que permite aos profesionais enviar aos equipos médicos da propia residencia "pautas de tratamento e información clínica das doenzas dermatolóxicas de certos pacientes ingresados" nestes centros.

Así evitan que persoas que poden formar parte dos grupos de risco se despracen ata o hospital comarcal para recibir unha primeira visión diagnóstica no que respecta ás enfermidades dermatolóxicas, precisou esta área sanitaria.

Uso de tablets en emerxencias
Uso de tablets en emerxencias | Fonte: Valencia News

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta