A Xunta pídelle ao Goberno que os deportistas poidan coincidir cos maiores e cos nenos nas franxas horarias

Di que "non ten sentido nin responde a criterios de saúde pública que se siga obrigando ás miles de persoas que fan deporte a que a fagan en horas concretas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2020 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia pedirá ao Goberno do Estado que permita a realización de deporte fóra das franxas horarias e dentro do límite provincial. Isto implica que os deportistas poidan coincidir cos nenos e as persoas maiores en lugares con gran afluencia de xente, como as principais urbes galegas onde se aplica esta limitación, non así nos núcleos de máis de 5.000 habitrantes. Tamén reclamará que clarifique, a través dunha publicación, que os establecementos comerciais de máis de 400 metros van poder abrir pero acoutando o espazo.

Tras a reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) creado por mor da pandemia do coronavirus e en declaracións aos medios, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, considerou que "non ten ningún sentido nin responde a criterios de saúde pública" que se "siga obrigando aos miles de persoas que fan deporte cada día a que o fagan a unhas horas concretas" e que se circunscriban ao seu termo municipal.

Todo iso nun contexto no que "a vida social a día de hoxe está máis ampliada" e no que "calquera persoa" se pode desprazar "por toda a provincia para tomar algo nunha cafetaría con independencia do municipio no que resida" ou cando xa está permitido o desprazamento a unha segunda residencia na mesma provincia.

"Pedimos que se modifique esta normativa, que é tanto como pedir coherencia", sostivo Rueda, que indicou que en "esta liña de claridade" a Xunta tamén reclamará ao Goberno que "diga definitivamete se os establecementos de máis de 400 metros van poder funcionar" con espazo acoutado.

Reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) creado pola epidemia do coronavirus. XUNTA
Reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) creado pola epidemia do coronavirus. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta