Urkullu probablemente anunciará convocatoria electoral para xullo este luns

Probablemente Feijóo copie a estratexia do líder vasco.

Por Europa Press / Redacción | BILBAO | 18/05/2020 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O lehendakari, Iñigo Urkullu, convocou este luns Consello de Goberno extraordinario ás 13.00 horas e, posteriormente, sobre as 15.00 horas, comparecerá publicamente, probablemente para anunciar eleccións para o 12 de xullo.

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo este domingo que convocará eleccións "máis pronto que tarde" porque se teñen que celebrar "de forma inmediata" para evitar un rebrote da COVID-19. As últimas eleccións en Galicia e País Vasco sempre coincidiron, incluída a data do 5 de abril, citas coas urnas que tiveron que ser aprazadas pola pandemia.

Ambas as convocatorias no País Vasco coñecéronse ás 9.30 horas desta mañá. Todo fai prever que Urkullu anunciará eleccións autonómicas para o 12 de xullo, unha vez escoitados os partidos políticos nunha reunión o 14 de maio, requisito que estableceu Urkullu no decreto do 17 de marzo polo que deixaba sen efecto os comicios do 5 de abril pola pandemia do coronavirus.

Tras o encontro entre as formacións políticas, nas que só EH Bildu e Elkarrekin Podemos se opuxeron a celebralos en xullo, xa que o resto condicionaba o seu desenvolvemento a que se fixese "con garantías sanitarias e democráticas", todo apuntaba a que o presidente do Goberno vasco podería convocar ás urnas o 12 ou o 19 dese mes, no que os expertos sanitarios cren que haberá menos risco de transmisión da infección.

O lehendakari de Euskadi Íñigo Urkullu no Parlamento Vasco
O lehendakari de Euskadi Íñigo Urkullu no Parlamento Vasco

Agora queda por saber se Feijóo seguirá o mesmo camiño que o presidente vasco xa que se os comicios son o 12 de xullo ten de prazo ata mañá, mentres que se son o 19 aínda ten ata o xoves desta semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta