Alertan dunha talla de árbores ao pé do río Miño aproveitando o confinamento
A Plataforma Lugo de Cara ao Miño esixe explicacións ao Club Fluvial respecto da intervención realizada na zona de aparcadoiro, antes chea de pradairos. Estráñalles que se levara a cabo "precisamente agora", cando as organizacións veciñais teñen "menos capacidade de resposta" por mor do estado de alarma.