Piden que se investigue un posible acordo entre bancos para restrinxir servizos á clientela

CIG-Banca denuncia que esta decisión xa estaba prevista antes da COVID-19.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/05/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

A principios deste ano, antes da pandemia do coronavirus, a maior parte das entidades financeiras comunicaron que, ao longo do mesmo, restrinxirían os servizos de caixa a partir das 11:00 horas da mañá. Unha restrición de servizo á clientela, que debería ser investigada “por se atenta contra os dereitos das persoas consumidoras”.

É a denuncia que fai CIG-Bana que denuncia que esta nova restrición afecta en maior medida as persoas con dificultades para o uso da banca electrónica ou incluso dos  caixeiros, nomeadamente as persoas maiores. “A fenda dixital pode levar a marxinación financeira”, indica este sindicato nun comunicado.

“A posta en marcha das restricións de servizo ao mesmo tempo por parte da maioría dos bancos, coincidindo incluso no horario das restricións, apunta a existencia dun pacto, que a CIG entende debería ser investigado tanto polos Organismos reguladores, coma polas Autoridades de consumo”, suliña.

Nese senso, a CIG demanda que a Xunta de Galicia e o Goberno Central poñan en marcha “medida inmediatas” para garantir os servizos financeiros nas oficinas xa que estas restricións dos servizos non teñen que ver coa dixitalización, din, “senón cun novo modelo de sistema financeiro que, no canto de dar servizo, está centrado na colocación de produtos financeiros cada vez máis complexos”.

Banco Popular
Banco Popular | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta