A Xunta fomenta a implantación "descontrolada" e "abusiva" de parques eólicos no rural

É a denuncia que fai a Rede Galega por un Rural Vivo que lle pide aos partidos políticos que o teñan en conta para as eleccións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2020 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A Rede Galega por un Rural Vivo denunciou ante os partidos e agrupacións políticas que se presentan ás próximas eleccións autonómicas do 12 de xullo a "aparición descontrolada" de parques eólicos "abusivos" no rural galego.

Diso informou a plataforma nun comunicado remitido aos medios, no que avisa da "destrución" que sofre o rural ante o que considera unha "febre" que "pon en perigo o medio de vida da poboación do rural".

"Os parques eólicos abusivos son aqueles que pon en perigo a saúde dos habitantes do rural, que os fan máis pobres debido á perda de valor dos terreos e o prexuízo xerado ás explotacións agrarias e forestais, ademais da destrución da paisaxe e patrimonio como motor económico do turismo de Galicia", sostén a plataforma.

A Rede Galega por un Rural Vivo denuncia que "non se pode pretender o asentamento no rural" e "promovelo a través de melloras mentres doutra banda, sen escoitar a quen vive no rural, se facilita a implantación de grandes proxectos industriais que explotan os recursos, que contaminan, que estragan a paisaxe e que empobrecen o rural".

Por todo iso, propón a adecuación do marco lexislativo de Galicia en materia de enerxía para adaptalo ás demandas actuais da sociedade. "A lexislación actual está obsoleta e non garante os dereitos do rural, favorecendo os intereses especulativos das empresas", sinala.

Así as cousas, reclama ás distintas formacións que recollan no seu programa electoral as distintas inquietudes das voces que avisan dde a explotación que se lle dá á terra galega.

Parque eólico de Greenalia. GREENALIA
Parque eólico de Greenalia. GREENALIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta