Temas: CRISE PIB

Ceprede prevé unha caída do 7,5% do PIB de Galicia, peor que a media estatal

Será 0,9 puntos maior que no conxunto de España e o retroceso será o quinto peor entre comunidades,

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

O Centro de Predición Económica (Ceprede) prevé que Galicia sufrirá este ano unha caída do 7,5% no seu Produto Interior Bruto (PIB), case un punto por encima da súa estimación para o conxunto de España (-6,6%).

Operarios de pintura da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo
Operarios de pintura da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo | Fonte: Europa Press.

Deste xeito, o retroceso en Galicia será o quinto peor entre comunidades, só por detrás de Baleares (-8,2%); País Vasco e A Rioxa (-7,8%) e Comunidade Valenciana (-7,6%).

Ceprede actualizou a súa previsión do avance rexional do Produto Interior Bruto en 2020, sobre a base dos datos INE España, e "con toda as cautelas do caso porque falta moita información por publicarse".

Segundo a información dos indicadores que se vaian publicando, e dos efectos das diferentes fases da desescalada do coronavirus haberá que actualizar as estimacións.

Con todo xa avisa que estas caídas nas taxas de variación do PIB real "non teñen precedentes" e chegarán aos dous díxitos no segundo trimestre do ano. Indica que a comunidade autónomas máis dependentes do turismo son as máis afectadas.

Temas: CRISE PIB
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta