Morre un pescador na Illa de Arousa entre unhas rocas de difícil acceso

Practicóuselle unha reanimación cardiopulmonar, pero o home faleceu no lugar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2020 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Un pescador de 56 anos veciño da Illa de Arousa foi atopado morto na mañá deste sábado nunha zona rochosa de difícil acceso nun carreiro de Campelo, nunha zona próxima ao faro de Punta Cabalo.

Segundo informa a Policía Local a Europa Press, recibiuse un aviso ás 9,30 e ata o lugar desprazouse un axente que atopou o corpo boca arriba, con botas e diferentes apeiros para pescar. O home contaba con problemas anteriores cardiovasculares, aínda que o 112 Galicia apunta a que unha posibilidade que tamén se baralla é o falecemento por unha caída accidental.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia, aínda que a Policía Local explica que foi necesario trasladar aos sanitarios en moto uns 400 metros para chegar a esta zona. Alí practicóuselle unha reanimación cardiopulmonar, pero o home faleceu no lugar.

Foron avisados polo 112 Galicia, entre outros, os Bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, aos equipos de Salvamento Marítimo e Gardacostas, así como á Garda Civil.

Este mesmo sábado os servizos de emerxencias rescataron un pescador que se atopaba en apertos nunha zona próxima ao río Miño, no encoro de Belesar, situado no municipio lugués de Chantada.

Praia na Illa de Arousa. IRENE VIÑA - Archivo
Praia na Illa de Arousa. IRENE VIÑA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta