As treboadas deixan en Galicia máis de 400 raios este luns

Na pasada xornada rexistráronse case 2.400 raios.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2020 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

As treboadas que afectaron a Galicia nas últimas horas deixaron máis de 400 raios --un total de 438 ata as 21,00 horas, segundo certifica o observatorio de Meteogalicia--.

Raio nunha treboada
Raio nunha treboada | Fonte: Europa Press

Xa na pasada xornada, Galicia viuse afectada por treboadas. De feito, computou 2.381 raios e inundacións nalgunhas localidades como Vigo.

Na pasada noite, unha tromba de auga con episodios eléctricos alagou varias rúas da cidade. En concreto, segundo informou a Policía Local, nas rúas Sanjurjo Badía, Isaac Peral, Doutor Carracido, e Julián Estévez, saltaron as tapas da rede de sumidoiros, obrigando a unha rápida intervención polo risco que a situación supuña para o tráfico.

Cale Doutor Canoa viuse alagada ao non soportar a rede de sumidoiros o volume de auga descargada. Na rúa Julián Estevez, un condutor viuse atrapado pola tromba, sendo rescatado por bombeiros.

A intensa choiva tamén propiciou unha bolsa de auga no interior do Túnel de Beiramar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta