Galicia gaña 1.603 afiliados de media á Seguridade Social en maio, por debaixo da media estatal

Supón unha caída de máis de 42.000 persoas respecto de hai un ano.

Por Galicia Confidencial | | 02/06/2020 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A Seguridade Social gañou 1.603 afiliados de media en Galicia en maio respecto ao mes anterior (+0,16%) até un total de 976.374, segundo informou este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Traballadores
Traballadores | Fonte: EP

Este incremento está por baixo da media de avance en España (+1%), que conta cunha alza de 187.814 afiliados, o seu maior incremento nun mes de maio desde 2015, o que situou o número total de ocupados en 18.584.176,

Con todo, en termos interanuais Galicia rexistrou unha caída do 4,13%, correspondente a 42.032 persoas, inferior ao descenso do -4,56% en toda España.

Do total de afiliados á Seguridade Social en Galicia, o groso --749.762-- pertencen ao Réxime Xeral, dos que 5.509 inclúense no sistema especial do sector agrario e 24.820 no do fogar. En canto ao resto de cotizantes, 206.533 son autónomos e 20.078 traballadores do mar.

Se se toma como referencia o último día do mes de maio os afiliados en Galicia son 979.472, isto supón 9.698 máis que cos que pechou o mes de abril. Son uns 33.000 afiliados menos que cos que se comezaba o mes de marzo, no que iniciou a pandemia do coronavirus.

Segundo os datos do Ministerio, en Galicia hai 135.630 persoas en situación de ERTE, dos que a inmensa maioría están por forza maior (118.258), mentres que 17.372 casos non se trata de forza maior.

DATOS ESTATAIS

A nivel estatal, a Seguridade Social pechou o mes de maio cun aumento de 187.814 afiliados (+1%), o seu maior alza nun mes de maio desde 2015, o que situou o número total de ocupados en 18.584.176.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta