Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2020 | Actualizada ás 16:26
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o alcalde da cidade do Lérez, Miguel Anxo Fernádez Lores, asinaron este martes o primeiro convenio entre ambas as institucións neste mandato polo que se financian, cun orzamento de 528.619 euros, as obras de remodelación das oficinas municipais de Michelena 30.
Miguel Anxo Fernández Lores agradeceu "a axilidade na tramitación" do convenio xa que, a situación xerada pola pandemia da COVID-19, "fixo acelerar as actuacións" desta obra que estaba prevista no proxecto de modernización da administración.
A día de hoxe, a reforma da planta baixa da sede municipal xa está en marcha, tras ser adxudicada polo procedemento de emerxencia, e a do segundo piso iniciarase con carácter inmediato, posto que parte dos servizos que acolle están a ser trasladados ao edificio que a administración local comprou na rúa Ferreiros.
O final destas obras está previsto para dentro de mes e medio e durante este período os servizos de Rexistro e Padrón préstanse na Casa da Luz baixo a fórmula da cita previa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.