Plans post corentena: a música volve ás nosas cidades

Os artistas reprograman a súa axenda de concertos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Debido á actual crise sanitaria da Covid-19 e ao estado de alarma decretado polo goberno

Persoas gozando dun concerto
Persoas gozando dun concerto | Fonte: PsicoPico

español o pasado 14 de marzo, a cidadanía quedou na casa confinada máis de dous

meses. O pasado 11 de maio iniciouse por todo o territorio unha desescalada gradual para combater a pandemia. Aos poucos, as diferentes comunidades autónomas van adheríndose ás fases con novas condicións de seguridade.

Pola súa banda, a Xunta pediu que Galicia pase á terceira fase da desescalada a partir do 8 de xuño, tras avanzar á dúas o pasado 25 de maio. Unha nova fase na que a música volverá ateigar os escenarios das nosas cidades, sempre con precaución e cautela.

Tras a corentena, moitos dos amantes da música tiveron que esperar para poder volver gozar da música en directo. Os concertos en streaming a través de plataformas dixitais cambiaron a nosa maneira de consumir a música en vivo. Con todo, chegan boas noticias!

Grazas á relaxación das medidas da fase tres, xa se poderán realizar eventos musicais e concertos co 50% do aforamento en locais pechados, así como espectáculos culturais de ata 80 persoas. En canto ás actividades ao aire libre, o público deberá permanecer sentado e sempre gardando a distancia de seguridade.

Galicia, Madrid, Barcelona, Valencia... Todas as cidades esperan incesantes poder volver ofrecer a mellor oferta de entretemento aos cidadáns. Desexas saber os mellores plans musicais post corentena? Moitos artistas e produtores da industria musical nacional dedicaron todo o seu tempo e esforzo para que poidamos volver gozar de especiais concertos en España.

Entre algúns deles, atopamos á cantante Miriam Rodríguez. A artista, nada na Coruña, parece ter aproveitado estes tempos de confinamento para sacar á luz o seu novo disco 'La dirección de tu suerte', publicado o pasado 2 de abril. Tras o adiamento da xira de presentación do seu último traballo, a artista volverá aos escenarios con máis forza que nunca o próximo ano. A ex triunfito visitará o próximo 9 de xaneiro a Sala Capitol de Santiago de Compostela e o Palacio da Ópera o 23 de xaneiro. Ao ritmo dalgunhas das súas cancións máis escoitadas como 'Desperté' ou 'Hay algo en mí', esta revolución brigantina enche o escenario con tan só pisalo.

Así o fai tamén, o mallorquino Rels B. O cantante de música urbana volve deleitar o seu entregado público cunha xira do máis sorprendente este ano. Tras o lanzamento do seu último

álbum 'Happy Birthday Flakko' en 2019, o artista regresa aos escenarios do noso país. Un tour

no que visitará diferentes cidades de España, entre elas Santiago de Compostela a finais deste ano. Durante os días 17 e 18 de decembro, o cantante de trap volverá ao norte do noso país para dar un espectacular concerto en directo na Sala Capitol. Con máis de cinco millóns de oíntes mensuais en Spotify, o novo artista acumula xa unha gran lista de hits como 'A mí' e 'Buenos genes', este último coa colaboración de Dellafuente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta