Identificados os causantes de nove incendios forestais rexistrados en maio

A orixe do lume, restos de queimas que se descontrolaron en Negreira, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Sobrado, Porto do Son, Outes e Pontevedra.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/06/2020 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica logrou identificar os causantes de nove lumes rexistrados durante o mes de maio nas provincias da Coruña e Pontevedra. En suma, 17 persoas foron detidas ou investigadas este ano como presuntos autoras de incendios forestais.

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: Europa Press

Este nove lumes producíronse por restos de queimas agrícolas ou forestais que se descontrolaron, nos municipios de Negreira, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Sobrado, Porto do Son, Outes e Pontevedra.

Tres deles rexistráronse o 18, 25 e 26 de maio, en Negreira, Ribeira e Pobra do Caramiñal, por queimas nas que non se tomaron as medidas de precaución adecuadas e que se saldaron con 2,4 hectáreas de superficie rasa afectadas.

Doutra banda, tres persoas foron identificadas como presuntos autores de incendios en Outes, Porto do Son e Negreira o 23, 27 e 28 de maio, respectivamente, que afectaron a 2.300 metros catros de raso.

Tamén se investigou a un home por un lume no lugar do Castelo, na parroquia de Lérez en Pontevedra, que afectou a 0,4 hectáreas arboradas.

Outro home foi investigado por un lume na parroquia de Grixalba, en Sobrado, o 25 de maio, que afectou 0,9 hectáreas de superficie rasa e 0,9 de arboredo tras unha queima sen autorización. Así mesmo, tomouse declaración a un home por un lume o 26 de maio en Baroña, en Porto do Son, no que arderon 0,2 hectáreas de raso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta