A oposición reclama que Feijóo explique no Parlamento "os malos tratos, abandono e manipulación" na CRTVG

A petición prodúcese un día despois de que a oposición acusase a Feijóo de "esconderse" por non acudir ao Parlamento e informar sobre a situación de Alcoa limitando as súas comparecencias á TVG

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2020 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Os grupos da oposición no Parlamento galego --PSdeG, Común da Esquerda, BNG e mixto (intregrado por En Marea)-- rexistraron unha iniciativa conxunta para demandar que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareza ante a Deputación Permanente para explicar a situación en que está a Corporación Radio Televisión de Galicia.

No escrito, ao que tivo acceso Europa Press e que foi rexistrado na mañá deste venres, os grupos solicitan que Núñez Feijóo acuda ao órgano interino do Lexislativo galego a "dar conta" da situación de "continua manipulación política, utilización partidaria e incumprimento continuo da Lei de medio públicos de Galicia" que, din, atravesa o ente público.

A petición prodúcese un día despois de que, durante a Deputación Permanente celebrada o xoves, a oposición acusase a Feijóo de "esconderse" ao non acudir ao Parlamento a informar sobre a situación de Alcoa e limitar as súas comparecencias á TVG, un medio público que, din os grupos, opera a favor dos intereses da Xunta.

De feito, a deputada de Común da Esquerda Luca Chao avanzou durante a súa intervención do xoves a presentación desta iniciativa conxunta ante os "malos tratos, abandono e manipulación da televisión pública".

Comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, durante o estado de alarma polo covid-19. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo
Comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, durante o estado de alarma polo covid-19. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta