A Policía de Ferrol libera unha egua preñada que levaba varios días atrapada nun cepo sen acceso a auga nin comida

Non foron capaces de identificar o propietario do animal a través do microchip que levaba implantado.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 09/06/2020 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

Efectivos da Policía Local de Ferrol que realizaban labores de vixilancia en Porta de Neira liberaron a semana pasada a unha egua preñada que levaba "varios días" atrapada nun cepo "sen acceso a auga nin comida".

Egua preñada
Egua preñada | Fonte: XdM

Segundo explicaron, foron os veciños da zona os que alertaron aos axentes de que nunha propiedade había unha egua preñada que "tiña un cepo nunha pata" e que se movía "con moita dificultade".

O animal, contaron, "non tiña acceso a alimento nin auga, e, ao parecer, levaba varios días nesa situación". Os policías procederon a liberar á egua e atárona nunha zona na que había herba.

Así mesmo, reclamaron a presenza de persoal do servizo de lacería, pero non foron capaces de identificar o propietario do animal a través do microchip que levaba implantado, polo que se abriu unha investigación para dar con el.

ANIMALISTAS APLAUDEN A INTERVENCIÓN

Tras ter coñecemento desta intervención, a Fundación Franz Weber emitiu un comunicado para aplaudir a intervención da Policía Local de Ferrol, á vez que aproveitaron para denunciar, unha vez máis, o uso deste tipo de dispositivos que dificultan a mobilidade dos cabalos, ocasionando problemas na circulación e "chegando mesmo á mutilación parcial das súas patas".

Aínda que a ONG iniciou unha en 2011 unha "intensa campaña" para pór fin a estas prácticas, aseguran que "a situación está moi lonxe de resolverse". Así, os animalistas apuntan que, nos últimos anos, documentáronse ata 250 casos de cabalos en situacións similares en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta