Feijóo cuestiona os gobernos de coalición a pesar de que o PP goberna coaligado en Madrid, Andalucía e Murcia

O presidente da Xunta sementa dúbidas sobre a capacidade de resposta dos executivos compartidos ante a perspectiva dun tripartito en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

A menos dun mes para as eleccións autonómicas do 12J, o popular Núñez Feijóo aproveita a crsie do coronavirus para cuestionar a capacidade de resposta dos gobernos de coalición. Nun encontro dixital organizado por Europa Press, Feijóo abundou na necesidade de preguntarse se agora superarían a pandemia con máis eficacia "con gobernos fragmentados" ou "minados por debates estériles". 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Eduardo Parra - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Eduardo Parra - Europa Press

O presidente subliñou como "oportuno" preguntarse "se as "borrascas" que asoman no horizonte" requiren cogobernanza ou non. A actitude crítica do presidente cara ós executivos compartidos chega logo de que as enquisas publicadas abran a porta a un posible pacto de PSdG-BNG-Galicia en Común que quedaría a poucos escanos de arrebatarlle ó popular a súa cuarta maioría absoluta.

"CRISPACIÓN"

No acto convocado por Europapress, Feijóo aproveitou tamén para alertar do clima de  "crispación" que atravesa a política nacional e apelar á estabilidade para enfrontar a crise da COVID. Neste aspecto, fixo fincapé na necesidade de contar cunha maioría "estable e eficaz" para trasladás institucións a unidade que practica "todos os días a sociedade" en todo tipo de actividades diarias.

"Non albergo dúbidas de que a crispación que atenaza a política nacional non ten sustento social", salientou, para engadir que non hai tempo nas axendas para debates bizantinos" ou para "responder a provocacións que nos despisten do prioritario".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta