Por GC Tendencias | A Coruña | 26/01/2013 | Actualizada ás 12:12
Texto e imaxes: Rosa Guisán
No 2009 con motivo do 75 aniversario púidose contemplar na Sala de Exposicións do Concello obras e referencias aos seus fundadores e artistas destacados, e de canto/a artista colgou obra en toda a vida da sociedade.
En breve sairá á luz o libro sobre a súa historia, que vai unida á da cidade.
Grazas ao traballo e tenacidade dos seus asociados e asociadas, a Asociación de Artistas da Coruña chegou ata hoxe, a pesar dos momentos difíciles polos que estamos a pasar todos e que salpica de forma atroz ao mundo da Arte.
A AAC quere abrirlles as portas a tod@s os artistas que desexen mostrar a súa obra, por que se en algo se diferenciamos doutras salas é que aquí todo o mundo ten a súa oportunidade, ou ben en exposicións individuais ou as colectivas que se convocan periodicamente e están abertos a tod@s os soci@s.
Os que non sexan socios tamén teñen oportunidade de solicitar sala pero noutras condicións.
Para mais información pasarvos pola Sala ( rúa Rego d'Auga, 32 da Coruña ) que está aberta todos os días de 19 a 21 h, menos Domingos e festivos que é de 12 a 14 h.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.