Rueda defende a vontade da Xunta de preservar o "tesouro do litoral" tras firmar un novo convenio con ENCE

O PSdeG acusa a PP e Xunta de "mentir para xerar inseguridade inxustificada" coa normativa de costas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda defendeu a intención da Xunta de "preservar absolutamente o medio ambiente" no acto da firma dun novo convenio con ENCE. Rueda incidiu na vontade do executivo de Feijóo de conservar o "tesouro" que representa o litoral galego cando aínda non se cumpliron dúas semanas das derradeiras mobilizacións ecoloxistas contra a empresa, que ocupa terreos públicos na ría de Pontevedra.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha videoconferencia co Ministerio do Interior. XUNTA
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha videoconferencia co Ministerio do Interior. XUNTA

Paralelamente, o segundo de abordo do goberno popular cargou contra o executivo central pola nova Lei do Cambio Climática, que modifica a vixente de Lei de COSTAS. O vicepresidente acusou ó goberno de coalición de "crear alarma" e xerar "inseguridade xurídica"."Outra vez volvemos ver como se pon en cuestión a permanencia de moitísimas empresas que crean emprego no noso litoral", sinalou o número dous do Executivo galego, quen censurou que a noticia chega "no peor momento", posto que "había que estar a pensar en todo o contrario: en asentar os postos de traballo, en asentar as industrias".

Rueda denunciou que a norma deixa ós traballadores "inmersos nese ambiente de inseguridade xurídica", que é "o peor que pode haber para novos investimentos e o mantemento dos investimentos que hai". 

RESPOSTA DO PSDEG

O vicesecretario xeral do PSdeG e cabeza de lista ás eleccións autonómicas pola Coruña, Pablo Arangüena, denunciou en Muros a "campaña de difamación e mentiras" do PP e da Xunta en relación á normativa de costas, en alusión ás declaracións realizadas polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Así o trasladou, segundo informa o partido nun comunicado, nun encontro coa militancia celebrado nesta localidade coruñesa e dirixido --subliñou-- a "desmontar as falacias vertidas polo PP contra o Goberno".

O responsable socialista defendeu que, lonxe da versión do PP, "a única alusión á costa do Proxecto de Lei de Cambio Climático refírese a que as concesións teñen un prazo máximo de 75 anos, ademais de que nada impide a súa renovación unha vez esgotadas". Por iso, censurou a "interpretación torticeira e disparatada dun artigo" do proxecto de lei por parte do PP e do Goberno galego.

"Con todo, omite que, a instancias do PSdeG, o Ministerio comprometeuse a modificar a normativa de costas da man do sector e comprometeuse explicitamente a favorecer de todas as formas posibles o mantemento das explotacións económicas asociadas á costa de Galicia", contrapuxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta