A Xunta cobra 125€/mes por terraza de catro persoas en zonas portuarias en mal estado a pesar da crise

O Goberno galego só aliviou o pago de taxas entre o 14 de marzo e o 11 de maio cando en toda Galicia non se podían utilizar as terrazas.

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 19/06/2020 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A taxa de Portos de Galicia, organismo dependente da Xunta, por unha mesa de 4 persoas na terraza no Porto de Fisterra custa 125€/mes.  Un prezo que se mantén no verán a pesar da crise do coronavirus e as múltiples chamadas que ten feito o presidente galego ao Goberno central para que facilite a reapertura económica.

Así son as instalacións de Portos de Galicia en Fisterra polas que cobra taxas de 125 euros ao mes para instalar terrazas
Así son as instalacións de Portos de Galicia en Fisterra polas que cobra taxas de 125 euros ao mes para instalar terrazas | Fonte: QPC

De feito, empresas hosteleiras de Fisterra denuncian que teñen chegado a pagar 11.000€ ao ano por poder ter a súa terraza no porto fisterrán.  Unhas cfras que din que son “desorbitadas” tendo en conta que unha terraza municipal pode chegar a custar entre 400e 500 euros por temporada. 

De feito, os hosteleiros de Fisterra pagan unhas taxas de Portos de nivel 1, a mesma categoría que Sanxenxo ou Vilagarcía con menos da metade dos servizos. Porque o que máis indigna á hostalería de Fisterra é o estado do porto. “O problema é que con todo o que cobran, o estado do porto cada vez vai a peor”, denuncian tal e como recolle QPC.

Así, critican que os sumidoiros  rebosan polos baños dos establecementos cando chove; moitas das cubertas que están esfoladas e teñen pingueiras; as antenas wifi funcionaron só un ano ou que as barandas de protección están enferruxadas. Ademais din que tampouco teñen permiso para facer melloras nas terrazas, nin sequera  parapintar o chan.

A XUNTA SÓ ALIVIOU O PAGO NOS MESES DO ESTADO DE ALARMA

As taxas municipais foron eliminadas durante todo o ano. Pero a sorpresa chega co anuncio de Portos de Galicia, que anuncia a súa medida estrela para axudar á hostalería: “Os propietarios dos negocios de hostalería con terraza ao aire libre en espazos portuarios quedarán exentos do pago das taxas correspondentes ao período entre o 14 de marzo e o 11 de maio”. É dicir, durante os meses nos que era imposible ter abertas terrazas en Galicia polo estado de alarma.

RECOLLIDA DE SINATURAS

A día de hoxe a hostalería de Fisterra está recollendo sinaturas, alegando que “a diminución do número de mesas e aforo interior nos locais de hostalería fai que o uso das terrazas sexa imprescibdible á hora de tratar manter os negocios e os postos de traballo directos e indirectos ligados a este sector”.

”É incomprensible como a Xunta, concretamente Portos de Galicia, lonxe de axudar aos negocios anulando de xeito excepcional as taxas mentres duren os efectos da pandemia, decide cobrar incluso o espazo que teñen que ocupar para manter as distancias sociais obrigatorias por normativa de prevención”, continúa a carta.

Lembran que as taxas de Portos triplican ás municipais, e que moitos concellos anularon as taxas durante o 2020. Lembran a dependencia nun 70% da temporada estival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta