Detido un veciño de Ourense por roubar a carne e o diñeiro dunha carnicería

O xénero estaba valorado en mil euros.

Por E.P. | OURENSE | 19/06/2020 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron un veciño deste municipio como presunto autor do roubo con forza perpetrado nunha carnicería da zona da Ponte, de onde subtraeu a carne da vitrina e a do frigorífico, así como a recadación da caixa.

Segundo informou a Policía Nacional, o individuo forzou a persiana do establecemento comercial e accedeu "en dúas ocasións na mesma madrugada" para subtraer xénero valorado en mil euros.

Os feitos sucederon o pasado 16 de xuño sobre as 4,00 horas cando un individuo forzou a persiana e accedeu ao interior da carnicería para subtraer "toda a carne que había na vitrina de exposición, barras de lombo adobado, hamburguesas, anacos de falda e demais stock no interior do frigorífico, o cal se atopaba aberto", apuntou a Policía.

Posteriormente, sobre as 5,00 horas, o mesmo individuo volveu entrar e subtraer todo o xénero que había na cámara frigorífica e finalmente manipular a caixa rexistradora, da que se apoderou de 30 euros, sinalou a Policía. Todo o xénero subtraído foi valorado en mil euros, concretaron as mesmas fontes.

Axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial de Ourense iniciaron unha investigación sobre os feitos denunciados que levou á identificación do presunto autor. Este foi detido o pasado 18 de xuño. O arrestado, ao que ademais lle consta unha orde de detención e ingreso en prisión do Xulgado do Penal de Ourense, é un home de 40 anos, natural de Ourense, con cinco detencións anteriores.

Detido por roubos en Poio. GARDA CIVIL
Detido por roubos en Poio. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta